Vieiros

Vieiros de meu Perfil


enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de
O 1 de febreiro, Galiza Rebelde na rede!
28/01/2009 11:23

O 1 de febreiro, Galiza Rebelde na rede!

Galiza Rebelde pretende construir un espazo de información e comunicación popular na rede galega, de carácter alternativo, anticapitalista, soberanista e con carácter horizontal.


Os Comités piden a dimisión de Nieves Lagares como decana de políticas
27/01/2009 17:41

Os Comités piden a dimisión de Nieves Lagares como decana de políticas

Din que se cometeron irregularidades na Xunta de Facultade na que foi reelixida.


OUVEOS NA NOITE , EMITINDO SEN LUZ E A DÚAS VELAS DURANTE O VENDAVAL!!
27/01/2009 17:27

Ouveos na noite, emitindo sen luz e a dúas velas no vendaval!


Click To Play
Acurralado polos tremendos fachos de vento e pola incompetencia política que obrigou ó xaxún enerxético a todo o país galego duante ista fin de semana, nun dos epicentros de maior intensidade diste tremendo vendaval ,esgotando as provisións e alumeado só por dúas velas producíuse un extremecedor novo capítulo do podcast galego de autor Ouveos na Noite.


27/01/2009 12:24

Cartas de De Juana

  Tras cumprir máis de 15 anos de cárcere, a Xustiza Española condenou a máis tempo na cadea ao probado terrorista Iñaki de Juana Chaos polo feito de ter escrito unhas cartas tras a súa liberación que " incitaban á violencia". Aquí lles presentamos a primeira.


27/01/2009 11:37

Frear o cambio climático desde as empresas

Xornada destinada ao debate sobre estratexias e iniciativas para potenciar o desenvolvemento sostible a partir das empresas.


25/01/2009 12:54

Palestra e Concerto na Revira

Próximo Sábado 31 de Janeiro na Revira


¿ Fracaso Lingüístico en Galicia ?
22/01/2009 22:28

Fracaso Lingüístico en Galicia?

Actualización Decembro 2010 (un ano máis tarde):

Total Presentados CELGA 4    =  731
Non Aptos                                  =  517     (71 %)
Aptos                                          =  214     (29 %)

=================================


O 72% dos adultos presentandos ás probas Celga 4 suspenderon o exame.
De 1090 aspirantes ó título só 309 acadaron resultados positivos.

ULTIMA HORA RESULTADOS DEFINITIVOS CELGA 4
Aptos 321 (31%)  Non Aptos 726 (69%)  Agora parece que o total de presentados é 1047 os outros 43 deberon de morrer de aburrimento mentres facían as reclamacións... Misterios.
-------------------------------------------------------------------------------
No Celga 3 os resultados son semellantes: 68% suspenderon o exame.
De 423 matriculados só 136 acadaron o Certificado de Competencia Lingüística.
-------------------------------------------------------------------------------
No Celga 2 só suspende o 40% dos aspirantes. De 266 matriculados, 159 acadaron o Certificado Celga2.
Por fin 60% aproban.  ¿Para qué serve un Celga2?  ¿Aínda non o sei?
-------------------------------------------------------------------------------
Resultado Celga 1 só suspende o 39% dos aspirantes.  De 166 matriculados, 101 teñen o Certificado Celga1.
O nivel 1 seica é para estranxeiros recén chegados (en pateira) e aproban o 61%. Todo un récord...!
-------------------------------------------------------------------------------

¿ OS FILÓLOGOS SEICA TOLEARON...?

¿ É así como pensan recuperar a lingua galega ?


22/01/2009 21:52

Mantense as duras condicións para o aceso ao país dos colectivos sudamericanos nos aeroportos Españois

  Os tropezos afectan tanto aos inmigrantes coma aos viaxeiros non pertencentes á UE, que veñen por cuestións familiares e ca nalgún xeito teñen aos seus parentes residentes legais no país, segundo a axencia de novas EFE, no ano 2008 medraron de xeito salientable as cifras de viaxeiros sudamericanos rexeitados nos aeroportos de Madrid e Barcelona. A organización internacional das migracións OIM, difundiu un estudo segundo o cal no ano 2008, oito centos mil arxentinos fican fora do país. Nestes intres moitos dos arxentinos residentes no estranxeiro enfróntanse coa dubida do retorno mergullados na crise económica global que afecta de xeito salientable aos países de destino.


21/01/2009 14:09

Juntança nacional da mocidade pola lingua

O Foro da Mocidade de Vigo convoca umha juntança da mocidade pola lingua para o dia 24 de Janeiro, no L.S. Faísca de Vigo as 17:00, aberta a pessoas e colectivos.


16/01/2009 03:18

Primeira quenda do Congreso da Guerrilla Antifranquista Galega

  Co gallo dos cen anos do nacemento de Benigno Andrade "o foucellas" a Comisión Pola Recuperación de Memoria Histórica da Coruña impulsa o estudo dos feitos e espallar a historia de moitos galegos e galegas que máis aló da forte represión, arriscaron as súas vidas e morreron na loita e a resistencia, ao longo de moitos anos, enfrontando á ditadura franquista.


15/01/2009 01:38

Os que libran da crise e os estranxeiros enchen os areais no verán sudamericano...

  ...,  por riba da bonanza turística a Arxentina segue amosando salientables sinais de indixencia e escaseza de alimentos.  O turismo estranxeiro está a chegar ás beiras do mar arxentino. A medra chega ao cuádruplo do ano 2007 segundo a estimanza do organismo publico do turismo espéranse cento trinta mil viaxeiros dos diferentes países neste verán. Mentres a economía pola causa da crise mundial medra máis feble os sinais de pobreza crecen con forza. Dous millóns de persoas non ten doado o aceso aos alimentos, e morren ao menos oito cativos ao día polas enfermidades vencelladas aos defectos da nutrición.


O SUFRAXIO INFIEL
14/01/2009 17:15

O sufraxio infiel

Cando a cidadanía rexeita exercer o seu dereito de participación, cuxo expoñente máis relevante é a facultade de voto, é evidente que o cidadán, sen concorrer ás urnas está emitindo un voto correctivo


13/01/2009 23:13

O SXG denuncia os despedimentos no Qué! e no Diario de Pontevedra

O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) alerta do intolerable número de despedimentos que o diario Qué! está a realizar nas delegacións de Vigo e A Coruña coa escusa da crise económica. Na última semana a editora Factoría de Información botou á rúa 12 traballadores dun total de 21 que había na Comunidade.


09/01/2009 02:09

LIBERDADE A SOA FIRMA NA ARXENTINA

  Avogados e persoeiros das asociacións e organizacións de loita polos dereitos humanos da Arxentina, pediron ao goberno máis forza, non facer doado saír da cadea aos represores e rematar co que chaman "xustiza lixo". Destacan ca maioría dos liberados están pendentes da condena e son xulgados por graves delitos coma, secuestro e desaparición violenta de persoas coa sospeita de falecemento e as torturas a detidos, entre outros. Por outra banda a xustiza porteña fixo publica a sentenza pola que xulgara ao xefe da xunta militar da ditadura Jorge Rafael Videla.


PROXECCIÓN FILME ANTIFASCISTA NA REVIRA
07/01/2009 17:11

PROXECCIÓN FILME ANTIFASCISTA NA REVIRA

Sábado 24 de Janeiro as 20:30


06/01/2009 22:30

Rifan Kirchner máis Tabaré e mancase o UNASUR

  O ex presidente da Arxentina Nestor Kirchner tentou impoñerse na presidencia do UNASUR, o presidente Uruguaio Tabaré Vázquez deu pulo xunto a outros xefes de estado da rexión ao rexeitamento á candidatura do arxentino. Os presidentes de Venezuela Hugo Chávez Frías e do Brasil Luiz Inacio Lula da Silva salientan coma lideres da América do Sur no cumio do MERCOSUR.
As xefas e xefes de estado e goberno presentes na Costa do Sauipe conviñeron coa República de Cuba a súa anexión ao Grupo de Río, na busca dunha presenza global na rexión e a unidade da América Latina e o Caribe, coa súa unión oficial ao grupo, un dos máis salientables organismos de acordo e pensamento político de América Latina.


06/01/2009 13:30

Deixounos Agustín Bueno

Agustín era coñecido, -como non- en Irimia, pois era irimego xa antes de nacer a Asociación. Xunto coa súa compañeira Carmela Capeáns desenvolveron un labor nunca abondo agradecido no seu seo. Porén, aínda que nunca buscaron notoriedade ningunha, ambos os dous son coñecidos fóra tanto polo seu papel na Coordenadora de Crentes Galegos como polo seu labor veciñal no barrio do Castiñeiriño en Santiago ou o seu activismo pacifista, no movemento de obxectores de conciencia, en concreto, da obxección fiscal.

Facendo honra ó seu nome ata o final, Agustín regalou o seu corpo á Facultade de Medicina da Universidade de Santiago, polo que non haberá enterro. Porén, habémonos xuntar para celebrar a súa vida.

Desde aquí enviamos unha aperta e un bico á súa dona, Carmela e ós seus fillos.


31/12/2008 17:08

O Apalpador chega a Lugo

O Centro Social Madia Leva tem a honra de receber o Apalpador a 6ª feira (venres) 2 de Janeiro, a partir das 18:00.


CANDO RETUMBA A INCERTIDUME
31/12/2008 03:00

CANDO RETUMBA A INCERTIDUME

O rescate público da banca nos termos que vén producíndose, é un método impropio de recapitalizar ás entidades financeiras a través de diñeiro dos cidadáns e do beneficio das empresas, pero de ningún xeito operará como resorte da reactivación dos mercados.


28/12/2008 11:19

Eólicas: o do reparto non é o único problema

Na FPG e no movemento ecoloxista seguímonos facendo varias preguntas.



Enviar unha nova

Como vai isto?

O "Vieiros Aberto" é un lugar onde deixar a túa propia noticia. Se eres usuario rexistrado en Vieiros aquí podes facernos saber aquí de calquera actividade, suceso, reflexión, aviso ou información.

Por exemplo, desde este espazo e se formas parte ou simpatizas con algún colectivo social e che gustaría que a comunidade vieiresca coñeza puntualmente a súa actividade, ti mesmo podes subir as súas novidades. Se cadra queres destacar un artigo do teu blog ou da bitácora dun amigo. Ou mesmo contar dalgún evento interesante que aconteceu a pé da túa casa. E incluso achegar algo que viches na rede que cres que lle pode interesar aos demais. Ti decides. Estás no Open.Vieiros.