Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fracaso Lingüístico en Galicia?

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Fracaso Lingüístico en Galicia?

Fracaso Lingüístico en Galicia?

Actualización Decembro 2010 (un ano máis tarde):

Total Presentados CELGA 4    =  731
Non Aptos                                  =  517     (71 %)
Aptos                                          =  214     (29 %)

=================================


O 72% dos adultos presentandos ás probas Celga 4 suspenderon o exame.
De 1090 aspirantes ó título só 309 acadaron resultados positivos.

ULTIMA HORA RESULTADOS DEFINITIVOS CELGA 4
Aptos 321 (31%)  Non Aptos 726 (69%)  Agora parece que o total de presentados é 1047 os outros 43 deberon de morrer de aburrimento mentres facían as reclamacións... Misterios.
-------------------------------------------------------------------------------
No Celga 3 os resultados son semellantes: 68% suspenderon o exame.
De 423 matriculados só 136 acadaron o Certificado de Competencia Lingüística.
-------------------------------------------------------------------------------
No Celga 2 só suspende o 40% dos aspirantes. De 266 matriculados, 159 acadaron o Certificado Celga2.
Por fin 60% aproban.  ¿Para qué serve un Celga2?  ¿Aínda non o sei?
-------------------------------------------------------------------------------
Resultado Celga 1 só suspende o 39% dos aspirantes.  De 166 matriculados, 101 teñen o Certificado Celga1.
O nivel 1 seica é para estranxeiros recén chegados (en pateira) e aproban o 61%. Todo un récord...!
-------------------------------------------------------------------------------

¿ OS FILÓLOGOS SEICA TOLEARON...?

¿ É así como pensan recuperar a lingua galega ?

Enviada por Erasmo Erasmo o 22/01/2009 22:28

As cousas que suceden nesta terra nos últimos tempos non son normais.  Podo ofrecervos datos reais das últimas probas realizadas o día 15 de Novembro de 2008 certificados pola propia Directora Xeral de Política Lingüística,  Marisol López.  

Para acadar o nivel de competencia en lingua galega compre demostralo dun xeito obxectivo a traveso dun exame e do correspondente Certificado (CELGA) que acreditará os coñecemento de galego a efectos de requisitos ou méritos laborais e académicos.

É imprescindible presentarse ao exame e superalo para obter un certificado Celga. A asistencia a un curso preparatorio é unha medida de axuda no proceso de aprendizaxe do idioma, pero non certifica a superación dun nivel.  Os exames realízaos e avalíaos unha comisión central avaliadora, non o profesor do curso preparatorio.  

Non existe correpondencia entre os antigos certificados de iniciación e perfeccionamento en lingua galega e os actuais Celga.  Máis a efectos da Función Pública Galega (convocatorias de probas de acceso, contratacións laborais e concursos de traslado) os vellos certificados de iniciación e perfeccionamento van manter a súa validez administrativa, ao pé dos novos Celga.  Así pois a totalidade dos profesores de ensino secundario en Galicia están exentos de presentarse ó Celga 4 (nivel que se considera axeitado para ter as competencias educativas en lingua galega).

Menos mal que os profesionais do ensino non teñen a obriga de demostrar a súa competencia lingüística homologada en base ás esixencias europeas en cuestión de linguas (oral e escrita) pois nestes exames para persoas adultas do CELGA 4 veñen de suspender o 72 % dos presentados á proba.

Seica a pénas un 28 % dos galegos e galegas que se teñen presentado a esta proba parecen acadar as competencias comunicativas que requiren o novos tempos…

Imnos ter que matricular á tódolos galegos e galegas nas probas do Celga 4 para ver se así aprendemos dunha vez a nosa propia lingua, a colocar os pronomes ou a empregar as retrincadas formas lingüísticas que converten a solapa na lapela e que sen dúbida terán boa parte da culpa deste recoñecido fracaso lingüístico en Galicia.

Son máis de 25 anos ensinando Lingua e Literatura Galega nas aulas de Primaria e Secundaria así pois gostaríame saber cantos dos 1090 matriculados nestas probas de competencia lingüística cursaron a materia ó longo de 10 anos de Primaria e Secundaria (ou 12 anos se supoñemos ca maioría dos presentados terán cursado o Bacharelato)?

Resulta sorprendente o fracaso lingüístico galego cando unha poboación de feito bilingüe -na súa inmensa maioría- non acada as competencias suficientes á xuízo dos novos CENSORES da política lingüística do país… ¿Imaxinan o que sucedería se os resultados do ‘fracaso escolar’ fora un 72%?

Pois considerando ca inmensa maioría dos galegos e galegas maiores de 50 anos xa teñen no seu haber os Cursos de Iniciación e Perfeccionamento de Lingua Galega realizados polas distintas Consellerías na época do ‘bilingüísmo harmónico’, é perfectamente lícito supoñer que estes 1090 aspirantes ó Celga 4 serán cidadáns que na súa inmensa maioría levan toda a súa vida cursando a materia de Lingua e Literatura Galega e, aínda así, fracasa o 72%.

¿Alguén podería explicar estes resultados… e alguén podería con estes resultados na man seguir a insistir en que as políticas de Imposición Lingüística son o camiño para recuperar a lingua galega no noso país…?

Cando só un 28% dos aspirantes á competencia lingüística poderían impartir aulas en galego con certa garantía de calidade… ¿seguiremos afirmando que o profesorado galego ten sobrada competencia para acatar o Decreto de Normalización que tan alegremente algúns reclaman impoñer?

Unha lingua non se fala por Decreto!


E senon que llo pregunten ós que levan anos vivindo da lingua galega ou que llo pregunten ós membros da Comisión Avaliadora dos Celga 4 que veñen de confirmalo coa súa sentenza de morte para o futuro do galego, coma sempre fixeron.

Erasmo.

Amante da Lingua Galega,  e da Liberdade...!


Documentos

2,96/5 (26 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



¿ Fracaso Lingüístico en Galicia ?