Os tropezos afectan tanto aos inmigrantes coma aos viaxeiros non pertencentes á UE, que veñen por cuestións familiares e ca nalgún xeito teñen aos seus parentes residentes legais no país, segundo a axencia de novas EFE, no ano 2008 medraron de xeito salientable as cifras de viaxeiros sudamericanos rexeitados nos aeroportos de Madrid e Barcelona. A organización internacional das migracións OIM, difundiu un estudo segundo o cal no ano 2008, oito centos mil arxentinos fican fora do país. Nestes intres moitos dos arxentinos residentes no estranxeiro enfróntanse coa dubida do retorno mergullados na crise económica global que afecta de xeito salientable aos países de destino.
Os colectivos latinoamericanos botan as queixas polo tratamento fero e violento, moitos deles logo de ser retidos aínda por corenta e oito horas en condicións que semellan a cadea serán devoltos a os seus países de orixe. O trato que achan a súa chegada aos aeroportos de Madrid e Barcelona cos atrancos que impoñen as autoridades de migracións cando rexeitan os documentos dos viaxeiros por razóns formais, coma o tempo de estada ou a esixencia dun vinculeiro de acollida no país, a data de saída ao seu sitio de orixe, os antecedentes económicos e de traballo ou a escaseza da cartos para súa estancia en España. Os tropezos afectan tanto aos inmigrantes coma aos viaxeiros non pertencentes á UE, que veñen por cuestións familiares e ca nalgún xeito teñen os seus parentes residentes legais no país.
Segundo a axencia de novas EFE, no ano 2008 medraron de xeito salientable as cifras de viaxeiros sudamericanos rexeitados nos aeroportos de Madrid e Barcelona, até oitocentas expulsións de persoas leváronse adiante no ano anterior, á cabeceira das expulsións fica o Brasil, de seguido Arxentina, e detrás o Paraguai, a meirande parte dos refugados o serán pola falla da documentación que esixe a lei española e da carta de convite, máis a pasaxe de retorno.
Os colectivos de latinoamericanos residentes no país, amosan a súa inquietude polos feitos e destacan a posibilidade do establecemento dun xeito animoso e discriminante aos devanditos colectivos, pola contra desexan que os seus países impoñan o cumprimento de normativas e regulamentos ca dentro das leis fagan máis rigoroso o trato aos viaxeiros españois.
No ano 2007 unha parella de arxentinos que viaxaron á voda dun parente foron mantidos retidos nos aeroportos de Barcelona e Madrid polo espazo de 48 horas e recibiron un tratamento abafante e esgrevio das autoridades, fora que tiñan os billetes de avión para a volta, non así os cartos esixidos pola normativa para-la estada no país. Logo dun longo interrogatorio foron recluídos coma inmigrantes ilegais e deportados á Arxentina. Arestora mantén unha reclamación xudicial ao estado Español polo tratamento, as eivas e os danos psíquicos, así como as falsas acusacións e piden un resarcimento de tres centos sesenta mil euros.
Os viaxeiros sudamericanos non só ten atrancos coas autoridades de migracións, xa que fai uns días preto de 300 turistas arxentinos dun voo da empresa IBERIA resistiron a orde de desaloxamento dun avión ca ficaba en Madrid aquelado para saír cara a Bos Aires. Os intentos teimudos dos pasaxeiros logo de preto de dous dias deixados no aeroporto e afectados pola folga dos traballadores da empresa, máis as eivas da climatoloxía hostil, xeraron un alzamento polas vaivéns que estaban ser sometidos polo persoal ca facíalles montar no aparello e logo dun tempo dáballes a nova que por diferentes razóns o voo non sairía, a derradeira quenda cos pasaxeiros no avión máis co aviso da compañía que pola falla de repouso do piloto da nave non sairá, os viaxeiros negáronse a deixar as súas prazas e resistiron catro horas ata que a garda civil acordou con eles o desaloxo do avión.
A organización internacional das migracións OIM, difundiu un estudo segundo o cal no ano 2008, oito centos mil arxentinos fican fora do país nun exilio económico, a meirande deles nos EUA e España, xiran ás súas familias preto de 920 millóns de dólares ao ano, este é un paradoxo xa que ambos os dous países teñen arestora as regras máis restritivas nos feitos migratorios e amosan unha maior cantidade de desempregados. Destacan os estudosos da OIM ca da acordo coas pescudas a maioría emigran por razóns económicas, aínda unha parte deles fano pola existencia dunha forte cultura inmigrante na Arxentina.
Nestes intres moitos dos arxentinos residentes no estranxeiro enfróntanse coa dubida do retorno, xa que mergullados na crise económica global que afecta de xeito salientable aos países de destino dos emigrados, xustifican a volta ao país na posibilidade da integración ao forte desenvolvemento que aínda amosa a arxentina, que reflicte na falla de man de obra cualificada na industria e os servizos, e de xeito capital nas ciencias, na investigación científica, no mundo da informática e da intelixencia. O goberno da Arxentina ten arestora tres plans de retorno cunhas axudas económicas dirixidas aos arxentinos residentes no exterior, ca sexan técnicos ou titulados cun nivel superior de formación nos eidos da investigación e desenvolvemento (I+D) e nas areas tecnolóxicas primarias.
Pola contra no que refire á inmigración cara ao pais, a Arxentina segue sendo país de acollida aos cidadáns das nacións da veciñanza, fican no país preto dun millón cinco centos mil inmigrantes, dos cales máis do cincuenta por cento son mulleres, as razóns están a ser as maiores cifras de desenvolvemento económico da rexión, a facilidade do acceso de balde aos servizos de saúde e a educación publica, máis a posibilidade certa dun traballo, xa que os estranxeiros acollen os postos que rexeitan os arxentinos.