Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Os que libran da crise e os estranxeiros enchen os areais no verán sudamericano...

  ...,  por riba da bonanza turística a Arxentina segue amosando salientables sinais de indixencia e escaseza de alimentos.  O turismo estranxeiro está a chegar ás beiras do mar arxentino. A medra chega ao cuádruplo do ano 2007 segundo a estimanza do organismo publico do turismo espéranse cento trinta mil viaxeiros dos diferentes países neste verán. Mentres a economía pola causa da crise mundial medra máis feble os sinais de pobreza crecen con forza. Dous millóns de persoas non ten doado o aceso aos alimentos, e morren ao menos oito cativos ao día polas enfermidades vencelladas aos defectos da nutrición.

Enviada por NorbertoVarelaCalvo NorbertoVarelaCalvo o 15/01/2009 01:38

  Atopámonos na vila onde naceu o músico Astor Piazzolla, os que veñen a Bos Aires pola vitela e o tango, o fan á cidade turística de Mar del Prata polo peixe e o surf, algún deles cargan o fardel nas costas e dormen ao raso, outros quitan do peto hasta dous centos euros ao día por pola estada nun hotel de primeira clase, dos de cinco estrelas. Coma sexa o turismo estranxeiro esta a chegar ás beiras do mar arxentino. A medra chega ao cuádruplo do ano 2007 segundo a estimanza do organismo publico do turismo da cidade, espéranse cento trinta mil viaxeiros dos diferentes países neste verán.
 
Holandeses, Irlandeses entre outros Europeos, así mesmo ao lonxe da Australia, veñen na busca dunha climatoloxía axeitada, seica tropical, á que sumase ao agarimo do pobo da capital do turismo na Arxentina, nomeada aí xa tempo "a cidade feliz". Tamén aproveitan a diferencia do troco do euro co peso arxentino e mercan roupa, practican deportes coma a pesca deportiva nunha embarcación de aluguer ou o surf na crista das ondas, polas noites bótanse aos "boliches" de moda na rúa Constitución, logo ao retorno a Bos Aires seguiran co ensino do castelán.

Nas areeiras moreas de veraneantes fan a súa andaina preto dos postos da venda de diversos produtos, liñas de beleza, salas de peiteado de balde, a maior empresa de refrescos agasalla coa a súa bebida estimulante, as primeiras marcas de roupa, a telefonía móbil cos seus plans só polo verán. Así e todo segundo os persoeiros destas empresas a baixa das vendas e salientable, e destacan que da acordo coas doutros anos até un cincuenta por cen, os donos dos recunchos na beiramar din que as pasadas festas de natividade e aninovo foron as de máis escaseza da década.

Cando o aforro é a elección cumpre impoñer outro xeito nas vacacións, a acampada nos "campig" a carón dos areais e baixo unha mesta fraga que propón un bo sombrizo contra os trinta e cinco graos que bota o termómetro arestora. Coche e tenda ou "motorhome" o fogón fumeante e a música das radios, a liberdade e a ledicia das persoas e familias ca liscan da tolemia das cidades e dos hoteis para gozar das vacacións ceibes sen as presas dos horarios, e no momento de paga-la súa aventura sacaran da faldriqueira até cinco veces menos cartos ca nas vilas e hoteis.

No veciño Uruguai e na súa cidade estrela do verán Punta do Leste, segundo os axentes turísticos, houbo unha forte baixada no aluguer de vivendas aínda no tempo das estadas na vila e no gasto dos turistas, hai máis persoas e gastan menos cartos, din. Xustifican na crise financeira mundial ca meirande dos viaxeiros o fagan por pouco tempo co cal a escolla encamiñase aos hoteis e ao aluguer de habitacións por fora dos mediadores inmobiliarios.

O informe dos sinais da indixencia que divulgou o organismo publico da Arxentina, o instituto da estatística e o censo INDEC, agocha a realidade ca os niveis de pobres e esfameados seguen a medrar no pais, do trinta ao corenta por cen da poboación de quince provincias fican debaixo da liña de indixencia ou non terán garantido o acceso a unha cesta básica para-la súa alimentación.Segundo o instituto Arxentino para o desenvolvemento das economías provinciais, una xuntanza privada de estudosos, mentres a economía da Arxentina, pola causa da crise mundial, medra máis feble os sinais de pobreza crecen con forza, amosan o caso das provincias do Chaco, Corrientes, Formosa e Santiago del Estero, onde disque os niveis aínda superan o corenta por cen.

A TRAXEDIA DOS NENOS
A baixada até os cinco ao día poren o crecemento da produción de alimentos e a mellora na xeración de emprego, é salientable logo das maiores cifras de nenos mortos por falla da alimentación no ano 2003, destaca a oenega Rede Solidaria, que no ano 2007 xerou o mapa da fame na Arxentina, ca hoxe dous millóns de persoas non ten doado o aceso aos alimentos e morren ao menos oito cativos ao día polas enfermidades vencelladas aos defectos da nutrición. A ONG láiase desta aldraxe e da perda dun xeito único, xa que a baixada da liña de indixencia de haberse mantido chegaría ao ano 2020 coa fame ren.

A xeración de traballo é o camiño para rematar coa historia de moitas décadas de vaivéns económicas nas ca fillos, pais e avós das clases sociais depauperadas non ten axeitado acadar e manter un traballo acotío, nun país onde fican preto de corenta millóns de persoas e xera alimentos para máis de cento vinte millóns, aínda a saída non é ingresar e alimentar un neno, xa que logo ao retorno a carón da súa familia seguirán a manterse as eivas da indixencia que os levaron á escaseza grave e xeneralizada de alimentos.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: