Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Os Comités piden a dimisión de Nieves Lagares como decana de políticas

Din que se cometeron irregularidades na Xunta de Facultade na que foi reelixida.

Enviada por denis denis o 27/01/2009 17:41
<!-- etiqueta sen asignar aberto_alt //-->

Os Comités, organización estudantil herdeira dos Comités Abertos de Facultade (CAF), tildan, nun comunicado, de "fraude" a reelección de Nieves Lagares como decana da Facultade de Ciencias Políticas da USC, pois consideran que na Xunta de Facultade na que foi elixida se comoteron sendas irregularidades e esixen así mesmo a dimisión da mesma.

Afirman, os Comités, que o que era vicedecano da facultade, Miguel Anxo Bastos, "dimitiu o día anterior para que fose nomeada como tal a súa muller, Cristina Ares, e así poder participar ésta da Xunta da que non era membro". Tamén sinalan no comunicado, que se lles permitiu participar na Xunta a dous profesores que non acadaban a carga lectiva para poder facelo, pois "precísanse 9 créditos, cando estes só imparten unha docencia de 4,5 e 6".

Destacan tamén, que non foron convocados todos os representantes de estudantes na Xunta de Facultade pois "desconvocouse a dous que xa non están matriculados no centro, pero non se levaron a cabo os trámites para convocar aos seus suplentes".

Ademais, os comités contestan ás declaracións "vertidas por Lagares na prensa durantes os últimos días" e "consideran unha contradición que Nieves Lagares diga que Miguel Anxo Bastos demitiu para se poder presentar á eleccións como decano, pois éste manifestou na Xunta de Facultade que se vira obrigado a dimitir para “intentar convencer a Lagares de que ela era a mellor candidata”. Din que ambas as dúas versións son falsas, porque a dimisión "vén dada para poder ter un voto máis na xunta de facultade co nomeamento deste cargo da muller do profesor". Afirman tamén que os Comités xa lle comunicaran dende un principio a Bastos e Lagares que non ían ter o seu apoio, polo que "é falso que o profesor Bastos se presentase como candidato para acadar o apoio do estudantado"

No que respecta á convocatoria dos representantes do estudantado, "a decana delega todas as responsabilidades na Secretaría Xeral, cando é ela mesma, ou através do antigo vicedecano Bastos Boubeta quen lle solicita á Secretaría Xeral que desconvoque ás dúas persoas que xa non estaban matriculadas", e cren que "da mesma maneira deberían solicitarlle á SX que se convocasen aos seus suplentes".

Tamén, ao contrario do que dicía na prensa a decana, os Comités, afirman que a adaptación da titulación ao grao "foi un fracaso", e expoñen que "o número de matriculados e matriculadas este ano en primeiro de carreira, sufriu un moi grande descenso en comparación cos anos anteriores".




4,27/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: