|
|
![]() |
|
![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
SÓ LLE FALTARON 712 VOTOS PARA ACADAR OUTRO EN OURENSE A emigración non lle dá escano ao PP |
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
OS NACIONALISTAS COMEZAN UN PROCESO DE ANÁLISE “Non conseguimos ilusionar”, recoñece o BNG O BNG deu a coñecer as análises postelectorais que fixo a Dirección Permanente desta fronte. Compareceron ante os xornalistas Francisco García, secretario de Organización, e Mario López Rico, responsable da campaña, que recoñeceu que “non conseguimos ilusionar ao noso propio electorado”. A análise da caída que fixo o Bloque limitouse ás causas externas, aínda que fixeron fincapé en que van comezar un proceso de renovación que durará varios meses... Vexan a que lle botan a culpa... UN ARTIGO DE SUSO DE TORO "Temos razón" Suso de Toro participou activamente na campaña electoral berrando dende xornais de fóra que en Galicia non existe liberdade de expresión. Agora, logo de recoñecer a derrota, fai unha análise do acontecido facendo fincapé no papel dos medios de comunicación en todo isto. Segundo o escritor compostelán a metade máis activa non se ve expresada neles, senón "minorizada e estigmatizada". Lean o artigo completo. López Veiga nega querer ser sucesor de Fraga O conselleiro de Pesca da Xunta de Galicia, Enrique López Veiga, negou que o seu nome estea a soar como posible sucesor de Manuel Fraga. “Será el mesmo e o partido quen tome a decisión”, afirmou. “Polo momento eu só formo parte do seu equipo, e aínda non hai nada decidido sobre quen conformará o novo Goberno”, engadiu López Veiga. O amargo sabor da derrota Un positivo e ilusionado Guillerme Vázquez, deputado nacionalista no Congreso, ofreceu unha rolda de prensa este xoves para valorar os resultados das recentes eleccións autonómicas. Acompañado pola reelexida deputada Salomé Álvarez, ambos representando ao Consello Comarcal do BNG en Pontevedra, Vázquez cualificou os resultados como malos, preocupantes e inesperados, pero rexeitou o catastrofismo e asegurou o inicio inmediato dun proceso de reflexión serio e autocrítico entre militantes, simpatizantes e órganos directivos. Máis información en Vieiros Pontevedra. DERBI PEPEIRO POLA COPA SUCESIÓN Boina-Birrete, comeza o partido O PP ten dúas importantes razóns para estar contento logo do 21-O: agora ten catro anos máis para levar a cabo os seus proxectos de goberno e, ademais, para solucionar a sucesión de Fraga e volver a presentarse no 2005 cun candidato xa consolidado. A loita por suceder a Fraga hai tempo que se vén dando, pero canto máis se achega o momento, maiores son os movementos internos para subir ao ‘trono’. Como todo o mundo sabe, os equipos que compiten son dous: o Boina e o Birrete. Comeza o encontro... Votos con certificados de defunción incluídos O BNG de Lugo denunciou que é moi doado emitir votos dende a emigración de xeito irregular. Puxo de exemplo o feito de que á Xunta Electoral de Lugo chegasen dous votos a nome de senllas persoas falecidas que incluían o certificado de defunción dentro do sobre. O responsable comarcal do BNG, Xesús Méndez, anunciou que vai presentar unha reclamación polo reconto de votos porque, segundo el, a Xunta Electoral está a admitir como válidos sobres que chegan sen remitente, malia que é unha esixencia legal. Eses dous votos foron enviados para “demostrar que é moi doado” que se contabilicen sufraxios irregulares. DESPOIS DO 21-O, HAI QUE REFLEXIONAR O BNG promete facer autocrítica Resaca electoral con xuntanza para avaliar o fracaso bloqueiro no 21-O. A Comisión Permanente do BNG reuniuse o luns e logo envioulles un comunicado aos medios, no que aseguran que van “analizar con detemento estes resultados e as mensaxes implícitas que a cidadanía galega nos dirixe co seu comportamento electoral, especialmente a de aquelas persoas que tendo apostado polo BNG en anteriores ocasións teñan deixado de facelo”. Entre liñas podemos ler unha certa intención de facer autocrítica... SEGUNDO DI CARLOS NEIRA, NON HOUBO TRASVASE DE VOTOS BNG-PSDEG Sumar está ben Carlos Neira, economista e técnico da empresa Sondaxe, escribe para Vieiros unha análise dos resultados do 21-O, sobre todo no que se refire ao BNG. O autor pretende rebater a opinión dos medios sobre o suposto trasvasamento de votos do BNG ao PSdeG. O BNG pensa nos próximos movementos A última asemblea do BNG, a novena, remataba hai meses cun pacto tácito para obviar aspectos fundamentais no debate interno da organización. A euforia do salto electoral de tres anos antes e as daquela boas perspectivas de crecemento que as análises insinuaban para o Bloque pecharon calquera intento de cuestionamento. O reflexo dese inmobilismo veu logo cando os deputados do 97 repetían nas listas. Os resultados electorais do 2001, interpretados xa como fracaso, traerán un escenario moi diferente para o próximo congreso bloqueiro. De momento fálase xa de adiantalo un ano, sería entón no 2002. E a nova situación promete ser algo máis que unha escenificación de consensos. O proceso autocrítico xa aberto na formación insinúa cambios importantes. Cambios organizativos e estratéxicos, en definitiva renovación, pero queda por ver ata onde chegará... Máis información no Diario de Titulares. ............................................................ Noticias anteriores |
Parlamento actual. Composición definitiva ![]() Resultados no voto da emigración ![]() Cifras finais de abstención 2001 (tralo reconto do voto emigrante) ![]() Evolución de voto nas eleccións galegas, incluíndo as do 2001 ![]() Parlamento 1997-2001 ![]()
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||