Vieiros

Vieiros de meu Perfil


enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de
Galegas no Mar
26/07/2008 07:25

Galegas no Mar

Galegas no Mar

Mandeo Records e 12 lúas producirán "Galegas no Mar"

http://12luas.blogspot.com
http://www.mandeorecords.com
http://www.caamanocastro.com/


Galegos e galegas... somos Todos !
25/07/2008 19:40

Galegos e galegas... somos Todos !

Unha resposta urxente ó Manifesto a prol da Convivencia Lingüística...
Mentres ós galegos e galegas que non pensan coma eles: que lles dean…!!!


1º Festival Folk Celta da Ponte da Barca
17/07/2008 20:10

1º Festival Folk Celta da Ponte da Barca

A Câmara Municipal de Ponte da Barca promove, no fim-de-semana de 25 e 26 de Julho, a 1ª Edição do Festival Folk Celta.

O Norte de Portugal, tal como a vizinha Galiza, começa desinibidamente a afirmar a sua herança Celta, incluindo na música. Assim, durante dois dias, a Ponte da Barca irá conviver com a música de raíz tradicional galego-portuguesa com influências celtas, numa alegre festa que irá com certeza deixar pontes de cruzamentos musicais para futuras edições.


17/07/2008 13:59

Carta aberta a Bieito Lobeira

Estiven a analizar con atención as opinións verquidas na Comisión de Pesca celebrada o 16/06/2008. As manifestacións de PP e PSOE coinciden co esperado. Unha vez máis quedaron patentes a súa particular guerra política e o seu oportunismo, e que ambos, salvo pequenas matizacións, están de acordo co contido do Plan de Acuicultura elaborado polos piscicultores. Pero ao escoita la súa disertación quedeime totalmente abraiado: ¡vostede non leu o Plan!, ou polo menos eso é o que desexo crer.


10/07/2008 03:06

Revenidas´08

www.revenidas.com



A Xunta de Galicia decidida a rematar co Courel.
07/07/2008 15:36

A Xunta de Galicia decidida a rematar co Courel.

Comprobar os resultados da Xestión Medioambiental da Xunta (PSOE-BNG)

ANTES    E   DESPOIS DA CHEGADA DOS BÁRBAROS

O Conselleiro de Medio Ambiente quería colgado dun piñeiro...
xa que tanto lle gustan!


Monteferro Parque Natural?
07/07/2008 10:07

Monteferro Parque Natural?

Nos últimos días todo parecen boas noticias para Monteferro, para a súa conservación e protección como espazo natural. (Na foto, as Illas Cies vistas desde Monteferro).


Clube Virtual de Lectura "Lúa Chea"
05/07/2008 12:21

Clube Virtual de Lectura "Lúa Chea"

Despois do primeiro encontro virtual do Clube Virtual de Lectura, no que se comentou a obra de Manuel Rivas "O lapis do Carpinteiro", prepárase a segunda quenda. O vindeiro 14 de xulio a través do blog http://clubevirtualdelectura.blogspot.com e do seu chat comentarase a obra de Suso de Toro "Calzados Lola".


Asina o Manifesto e racha coas Imposicións Lingüísticas !
04/07/2008 03:49

Asina o Manifesto e racha coas Imposicións Lingüísticas !

VIVE COMO QUEIRAS... FALA O QUE CHE PETE... !


Dylan en Vigo
30/06/2008 13:05

Dylan en Vigo

Alfredo Barreiro, de Noia, seguidor de Bob Dylan, achéganos a súa crónica sobre o concerto do artista en Vigo, que tenta estar dirixida a un público amplo e ser informativa ao mesmo tempo.


26/06/2008 16:22

Esgarros fin da 1eira etapa no viraventos

Desidratado coma un ciclista totalmente dopado percorrendo desorientados as fumeantes estradas de terra do Tour de Burkina Faso así , levantando os puños e soltando o manillar chega mandril nas ondas para esgarralle a todas as autoridades que na meta agardan co seu riso hipócrita o fin dista esplendorosa 1º etapa como habitante dise gran pelotón que habita no Viraventos de Radiofusión.


Obxetivo CiberIrmandade: Amnistía Internacional, parabéns e suxestión
25/06/2008 10:55

Obxetivo CiberIrmandade: Amnistía Internacional, parabéns e suxestión

Amnistía Internacional vén de celebrar os 30 anos da súa legalización no Estado Espanhol, e 20 de presenza continuada na Galiza.


22/06/2008 13:49

Caldereta solidaria en Ferrol

A Asociación Cultural “Lefre de Caldereta” comprácese en presentarvos unha nova actividade que demos en chamar Caldereta Solidaria. Trátase de establecer lazos para difundir iniciativas de carácter solidario que se estean a facer desde a nosa terra e que, ao noso entender, pague a pena promover e apoiar.


O SXG gaña as eleccións en La Voz de Galicia
18/06/2008 16:24

O Sindicato de Xornalistas gaña as eleccións en La Voz de Galicia

O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) será a organización con máis representantes no Comité Intercentros de La Voz de Galicia, órgano que reúne aos representantes dos traballadores deste medio. Tras as eleccións de onte, o SXG logra catro membros no Comité, mentres que CIG, UGT e CC.OO. terán tres cada un.


Eurocopa 2008. Con Suíza e Portugal
06/06/2008 13:55

Eurocopa 2008. Con Suíza e Portugal

O único galego seleccionado vai con Suíza e chámase Ricardo Cabanas(i é xogador da Selección Galega).
Como galegos sentímonos máis próximos de Portugal que do que representa e simboliza a España común.


Sen teito de Vigo denuncian os desaloxos de persoas empobrecidas
28/05/2008 09:24

Sen teito de Vigo denuncian os desaloxos de persoas empobrecidas

Onte martes 27 de maio o grupo Imán convocou unha concentración na Praza da Constitución co obxectivo de visibilizar e denunciar os desaloxos de persoas no Casco Vello por mor do proceso de rehabilitación do mesmo.
Temos a sospeita de que aos poderes públicos so lles importe mellorar a condición de edificios e rúas, sen prestar a mínima atención ás persoas que na actualidade residen nel. Por iso marchouse ata o concello para berrar: Ningún desaloxo de choupanas sen realoxo!
Máis info: www.comunidadebasecoia.org


OUVEOS PREOLÍMPICOS
27/05/2008 12:03

Ouveos preolímpicos

Obstaculizado pola descomunal maquinaria do imperialismo olímpico , así , coma o atleta brasileiro Vanderleu Lima nas rúas de Atenas foi secuestrado en plena maratón olímpica por un desgraciado que actuou impunemente, así de desesperada é a nova edición do teu podcast galego de autor.


O 25 Manifestación contra a destrución da ría de Vigo
20/05/2008 21:18

O 25 Manifestación contra a destrución da ría de Vigo

Diante do novo Plan de Ampliación do Porto os colectivos integrados na Rede A RÍA NON SE VENDE convocan unha manifestación en defensa da Ría de Vigo, en defensa do noso primeiro e principal recurso natural. Durante esta semana presentarase o audiovisual "SOS Ría de Vigo" en moitas vilas da Ría.

A Rede A Ría Non Se Vende, composta por 16 colectivos, reuniuse por terceira vez co presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Xesús Paz. Nesta ocasión foi para recibir explicacións sobre as propostas realizadas por dúas consultoras externas ao porto sobre zonificación de usos e posibles ampliacións do porto.

A realidade é que continuamos a asistir ao espolio e destrución da riqueza natural, dos recursos pesqueiros e marisqueiros e da paisaxe dunha ría que da sustento a 15.000 empregos directos (9.991 na pesca, 1.124 no marisqueo, 2.373 na acuicultura e 2.109 nas actividades directamente relacionadas en terra) e 45.000 indirectos. en total 60.000 postos de traballo.


12 lúas Proxecto Cultural de Arte, Internet e CC.
19/05/2008 15:54

12 lúas Proxecto Cultural de Arte, Internet e CC.

12 lúas, comezou o 17 de maio a vagar pola rede promovendo inquietudes artísticas mediante os recursos de interente e as licencias Creative Commons.



Enviar unha nova

Como vai isto?

O "Vieiros Aberto" é un lugar onde deixar a túa propia noticia. Se eres usuario rexistrado en Vieiros aquí podes facernos saber aquí de calquera actividade, suceso, reflexión, aviso ou información.

Por exemplo, desde este espazo e se formas parte ou simpatizas con algún colectivo social e che gustaría que a comunidade vieiresca coñeza puntualmente a súa actividade, ti mesmo podes subir as súas novidades. Se cadra queres destacar un artigo do teu blog ou da bitácora dun amigo. Ou mesmo contar dalgún evento interesante que aconteceu a pé da túa casa. E incluso achegar algo que viches na rede que cres que lle pode interesar aos demais. Ti decides. Estás no Open.Vieiros.