PRÓXIMA CONVOCATORIA: MÉRCORES 13 DE MAIO ÁS 18.30 DESDE A ESCOLA Á PRAZA DA CONSTITUCIÓN
O pasado mércores día 6 de maio traballadores e traballadoras e alumnado da Escola de Artes e Oficios de Vigo xuntáronse diante do Museo de Arte Contemporánea de Vigo. Aproveitaron a concentración para continuar coa recollida de sinaturas e para faceren unha asemblea pública.
Eduardo Álvarez, representante do profesorado no Padroado da Escola, denunciou o paradoxo de que Abel Caballero, o alcalde do PSOE actual, poña en perigo a continuidade da escola cando foi o PSOE o que no ano 1929, durante a ditadura de Primo de Rivera, defendera duramente a escola cando o alcalde nese tempo quixo eliminala.
“Queremos cultura para Vigo, pero que non se destrúan 126 anos de historia” dixo facendo referencia aos anos que a Escola de Artes e Oficios de Vigo leva funcionando e a que si desexan unha nova biblioteca en Vigo, pero non que sexa a costa de eliminar a cultura existente.
Na concentración lanzaron unha nova convocatoria, será o mércores día 13 de maio ás 18.30 h na escola para iren ata a praza da Constitución.
Outras noticias relacionadas:
http://www.vieiros.com/open/amosar/716/escola-de-artes-e-oficios-continuan-as-mobilizacions