Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Dualidade e liberdade cultural-lingüística

Na vida,temos importantes dualidades. A lingua e a cultura non escapan da dualidade, porque sempre semella haber dous bandos en todo: nos e eles.

Enviada por forza4 forza4 o 12/08/2007 15:41

A realidade, na súa expresión máis sinxela dende o ollo humano, adoita vislumbrarse non como unha única, senón como un modelo dobre, e desto temos moitos exemplos: dende a dualidade onda-corpúsculo, que explica o comportamento dual da materia-enerxía (a cal é, á súa vez, outra dualidade), e así, ata o infindo.

Mais, por moito que nos sintamos evolucionados, tantas veces simplificamos todo o que vemos nunha única dualidade: a do ben e o mal.

Tan recorrente dualidade está, semella, tan inmersa en nós, que, fronte a un cambio de perspectiva proposto por alguén, adóitase reaccionar negándonos a admitir un debate con argumentación sólida.

Por exemplo, se algúen fala de cuestións lingüísticas, semella que houbera dous bandos, que, dunha banda, pretenden que todos esteñamos nalgún deles. E se algunha persoa ten a razoable proposta de abrirse ao debate, e admitir que tódalas solucións razoables teñen algo que nos aportar, ambos bandos lle adxudicarán unha postura oposta.

Co xa dito, os que se sinten depositarios (exclusivos) da cultura galega, dirán que o propoñente é "Espanholista", no mellor dos casos, cando non o calificarán de fascista. Logo, os que están radicalmente opostos ao galego, dirán que a persoa en cuestión é "independentista" e que só busca "romper españa", e toda clase de lindezas dese estilo.

Sexan uns ou outros os que falen, tentan dar unha imaxe de "única solución verdadeira". Sinxelamente,digamos,un eufemismo para dicíren que teñen a razón fronte aos outros, aos que, sen argumentación válida (ou sen ningún tipo de argumentación, tantas veces) identifican co mal.

Doutra banda, cando se propón que as tensións provocadas polo cambio demasiado frecuente de normativa, son tantas veces arbitrarios e sen conexión coa realidade social, cultural e lingüística do país, e mesmo desconectado da tradición lingüística e cultural do pobo, entón, sinxelamente, aplícase algún adxetivo para calificalo, evitando a máis mínima argumentación que poida iniciar un debate enriquecedor e que, probablemente, achegaría as posturas moito máis do que semella.

Con todo, ambas posturas adoitan usar unha arma poderosa para afianzar o seu liderado e controlar ás masas de seguidores que os apoian: o medo. Este medo é un xeito de limitar o máis posible a liberdade, tanto individual como colectiva.

Forza4.

Próximo artigo para Open Vieiros: Dualidade: Medo e Escravitude


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: