Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Dualidade: medo e escravitude

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Dualidade: medo e escravitude

Dualidade: medo e escravitude

Dende os albores da humanidade, houbo quen tentou obrigar a outros a facer aquilo que lles fora dictado. E mesmo este xeito de facer as cousas chegou ao adoctrinamento social e relixioso. Vexamos como somos escravos dos nosos propios medos...

Enviada por forza4 forza4 o 02/09/2007 14:33

Estes meses tense falado moito das organizacións terroristas, de "guerras contra o terrorismo" e demáis cousas así. Aínda que o tema semella gastado, ás veces corren ríos de tinta e auténticos furacáns mediáticos a conta dos rifirafes de distintos supostos líderes políticos cando falan sobre aqueles que, mediante as armas, intentan impoñer o que din ser "ideas políticas". E, precisamente, eses líderes como aqueles supostos "rebeldes armados" usan a mesma arma: O medo.

Aínda recordo a mensaxe que desde certo partido de esquerdas se lanzou aló polo ano 1993, básicamente se resumía en: ¡Que medo! ¡Ven a dereita! ¡Voltamos ao pasado!.
Se ben, en certo xeito tiñan algunha parte de razón, non é menos certo que esa mensaxe axudou ao seu varapau electoral posterior, o que impulsou ao partido dereitista ao poder.
Con todo, non foi moi diferente o obxectivo da mensaxe do partido da dereita cando se vía perder o poder: "Cos de esquerdas a economía irá mal,porque con nos España vai ben", co que tentaban meter o medo á xente respecto do seu futuro no caso de que eles tivesen o, ao final, verdadeiro pau electoral.

E é que o medo, aínda que ás veces semella que funciona, pode revirarse contra un, e acabar parecendo unha pantomima que máis que risa provoca anoxo. E non é para menos, pois semella que cada partido, empresa, etc. use como arma de "venda" do seu propio "produto" o medo ou a inseguridade cara o produto alleo.

Máis non só nesto está a cuestión: certas congregacións relixiosas coñecen ben o uso (e mesmo abuso) do medo para tenta-lo aliñamento cunhas determinadas ideas. Sen ir máis lonxe os distintos modos da relixión que quedan preto de nós (cristianismo nas súas distintas variantes e islamismo) usaron durante moito tempo a relixión como medio de control. Dunha banda, o medo aos propios sentimentos e á propia sexualidade, xeraron, probablemente, persoas insatisfeitas consigo mesmas cun grande sentimento de culpa. Doutra, por medio da confesión (no caso do catolicismo cristiano), a xerarquía desa institución relixiosa tiña un grande control sobre o que sucedía na súa parroquia, o que lles brindaría unha información valiosísima para exercer un grande poder sobre a xente. E todo mediante unha efectiva pero tamén cruel arma de control psicolóxico:o medo á dor. Non a dor física, senón "a dor da alma, cando se queimase no inferno polos pecados cometidos". E é que se nos doe a dor física, a calquera persoa, o recoñeza ou non, dalle máis medo o sofremento psicolóxico.

Logo, finalmente, outras organizacións usan outro tipo de medos e xeitos de represión ideolóxica na nosa suposta sociedade libre. E é que as sociedades que agrupan a autores (moitas das cales se autodenominan sen ánimo de lucro, cando gañan diñeiro a mansalva), tenta amedrentar ás persoas que, cunha licitude moral sen lugar a dúbida algunha, comparten a música entre eles, por medio de p2p e moitos outros medios, lles tentan chamar ladróns, cando eles, sen ánimo de lucro, gañan moitos millóns de euros cos seus cánones e tentan asustar a xente, dicindo que os van a levar ao cárcere.

E o máis curioso de todo é que o xérmolo de todo esto, témolo todos agochado na nosa máis tenra infancia. Se hoxe hai quen xoga co medo á morte, co medo ao cárcere, co medo a ser sinalad@ pola xente, etc. non é por outra cousa que polos primeiros medos que, xa de ben nenos co, supostamente inofensivo... "Durme ou levarate o coco".

E é, dende ese momento cando, se non vamos aprendendo e superando os nosos medos máis íntimos podemos acabar sendo escravos dos nosos propios medos.

Forza4.
Próximo artigo para Open Vieiros: Dualidade: Revolución


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: