VieirosG2001
Especial Eleccions

 PODER GALEGO
 O PAÍS
 O GOBERNO
 OS PARTIDOS
 PP
 BNG
 PSOE
 OUTROS
 OS PROGRAMAS
 PP
 BNG
 PSOE
 COMPARATIVA
 OS LÍDERES
 FRAGA
 BEIRAS
 TOURIÑO
 RESULTADOS
 CANDIDATOS
 FOROS
 EVOLUCIÓN DO VOTO
 SONDAXES
 LIGAZÓNS
 CONTACTAR


Postais
Postais



 

Emilio Pérez Touriño

O Secretario Xeral do Partido dos Socialistas de Galicia e candidato á Presidencia da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, naceu na Coruña hai 52 anos; casado e con dous fillos, é deputado autonómico e membro da Comisión Executiva Federal do PSOE na que é responsable de Desenvolvemento Rexional e Infraestructuras.

 
Doutor en Ciencias Económicas e profesor numerario na Universidade de Santiago de Compostela onde desempeñou o cargo de vicerrector para Asuntos Económicos. Realizou estudios de especialización no Instituto de Investigación e Planificación do Desenvolvemento na Universidade de Grenoble (Francia).

Autor de numerosos estudios sobre temas de desenvolvemento rexional e economía agraria no marco da Unión Europea. Premio Nacional de Publicacións Agrarias, Pérez Touriño dirixiu traballos e publicacións en relación coas infraestructuras e o crecemento económico de Galicia.

Comprometido dende a súa mocedade cos movementos democráticos de loita polas liberdades, dirixente estudiantil e activo militante progresista durante a transición democrática, participou directamente no proceso do Estatuto de Autonomía de Galicia e nos Pactos do Hostal que o posibilitaron.

Posteriomente, na súa traxectoria política cabe destacar a súa participación nos gobernos socialistas desde 1985 a 1994. Foi subsecretario do Ministerio de Transportes, Turismo e Comunicacións, para logo desempeñar a Secretaría Xeral de Infraestructuras no Ministerio de Obras Públicas, Transporte e Medio Ambiente. Nesta época, acometeu a responsabilidade das grandes obras de infraestructuras viarias e ferroviarias da modernización de España.

É precisamente como responsable de Infraestructuras dende onde asumiu a tarefa de rematar a Autopista do Atlántico, a execución das autovías de enlace de Galicia coa Meseta e os convenios coas grandes cidades galegas, que permitiron vías de acceso e circunvalación como a da cidade de Ourense, a circunvalación de Pontevedra, o periférico de Santiago de Compostela, o Paseo Marítimo da Coruña e o primeiro cinturón da circunvalación de Vigo.

Dende o Congreso Extraordinario de Ourense de 1998, Emilio Pérez Touriño lidera o camiño do cambio do Partido dos Socialistas de Galicia contribuíndo de xeito decisivo ó novo PSOE, xurdido do 35 Congreso Federal con José Luis Rodríguez Zapatero como Secretario Xeral do partido.




«« Portada da Edición

Opina
Fai os teus comentarios no:

Foro xeral G>2001
.........................
Foro PSOE

 MIRA TAMÉN
Candidatos do PSdeG:
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra