Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: barcelona

10/Maio/2010 /

Novoneyra, a distancia do lobo

A Sección de Galego e Portugués da Universidade de Barcelona organiza unha serie de actividades arredor de Uxío Novoneyra, poeta homenaxeado no Día das Letras Galegas 2010.


8/Maio/2010 /

A banda deseñada galega invade BCN

Editoriais, ilustradores e colectivos teñen presenza no salón, onde tamén participan nunha exposición colectiva sobre o Camiño.


28/Xaneiro/2010 /

PuntoGal preséntase como unha oportunidade para unir a comunidade emigrante

Na xuntanza mantida en Barcelona salientouse o valor dos dominios culturais e lingüísticos co exemplo de éxito do .cat.


“DESCARGA AO VIVO”: fusión musical Cuba-Galiza
27/Xaneiro/2010 /

“Descarga ao Vivo”: fusión musical Cuba-Galiza

Unha grande big band galego-cubana que se presenta no Centro Galego de Barcelona e ofrece un concerto no Ateneu Popular de 9 Barris.


18/Novembro/2009 /

Novo cesto con vellos vimbios na emigración galega en Cataluña

O sábado constituirase unha fundación que promete renovación co mesmo líder que presidiu a federación de asociacións durante o fraguismo.


2/Xaneiro/2010 /

Unha empresa catalá promete un hotel espacial para 2012

Os clientes de Galactic Suite terán que usar traxes de velcro para apegarse ás paredes do habitáculo, que dará a volta ao mundo cada 80 minutos.


23/Xullo/2009 /

O Centro Galego presenta a revista "Alborada" o Día da Patria

A publicación anual do CGB estrea un novo formato e conta cun abundante e variado elenco de colaboracións.


30/Xuño/2009 /

Dúas empresas galegas levan internet aos tranvías barceloneses

Cinco trens contarán coas conexións, de balde para o público, durante un período experimental de seis meses.


22/Xuño/2009 /

Mercedes Núñez Targa: O valor da memoria

Unha exposición sobre a loitadora contra o fascismo supervivente aos campos de concentración nazis


Sónar
19/Xuño/2009 /

Pegada galega no Sónar de Barcelona

Dous vigueses e un coruñés están entre os perto de 300 grupos que levarán até a capital catalá milleiros de afeccionados á musica, chegados de toda Europa.


18/Xuño/2009 /

Docentes de Filoloxía Galega en Barcelona critican a política lingüística

Nunha carta enviada ao presidente do Goberno amosan a súa preocupación pola desprotección que vai supoñer para o galego.


17/Xuño/2009 /

III edición do concurso literario "Contos no Mediterráneo"

O pasado 29 de maio comunicábase o resultado deste certame literario dirixido a estudantes de galego e portugués nos territorios de fala catalá.


4/Xuño/2009 /

Os vellos non deben de retirarse

Terceira crónica do festival barcelonés. A última xornada foi para os grandes: Neil Young, Sonic Youth e uns abraiantes Liars.


3/Xuño/2009 /

Remuíños de suor e endorfinas

Segunda crónica do festival de máis calidade que se pode ver na Península. Desta volta, Spiritualized, Shellac, The Mae Shi, Jarvis Coker e máis.


2/Xuño/2009 /

Ruído delicado, ruído enxordecedor

Crónica da primeira xornada do festival barcelonés polo que esta fin de semana pasaron máis de 75 mil persoas.


31/Maio/2009 /

O Liceo rodou como nos bos tempos, mais a Liga levouna o Barcelona

A presión seareira en Riazor non foi quen de arrastrar o equipo ao triunfo. Un 5-6 ao remate e parcial de 3-0 na final.


29/Maio/2009 /

Os goles do Barça foron detectados polos sismógrafos

A reaccións dos seguidores culés ao ir marcando o seu equipo, e gañar a Liga de Campións, sentíronse coma se fose un tremor da terra.


28/Maio/2009 /

O Barça fura Europa

Copa, Liga e Champions. Por esa orde fixeron historia os barcelonistas, que este mércores lle bailaron a sardana futbolística ao Manchester na final europea.


Iolanda Zúñiga
27/Maio/2009 /

Iolanda Zúñiga e Antón Coucheiro na entrega de premios de "Contos no Mediterráneo"

O acto no Centro Galego abrirase cun recital da poeta galega e cunha actuación do artista cómico.


26/Maio/2009 /

Fallo do certame literario "Contos no Mediterráneo" e teatro de Furafollas

Este venres entréganse no Centro Galego os premios deste concurso e o sábado o teatro de Furafollas volve con "Historias no Raval"