VieirosG2001
Especial Eleccions

 PODER GALEGO
 O PAÍS
 O GOBERNO
 OS PARTIDOS
 PP
 BNG
 PSOE
 OUTROS
 OS PROGRAMAS
 PP
 BNG
 PSOE
 COMPARATIVA
 OS LÍDERES
 FRAGA
 BEIRAS
 TOURIÑO
 RESULTADOS
 CANDIDATOS
 FOROS
 EVOLUCIÓN DO VOTO
 SONDAXES
 LIGAZÓNS
 CONTACTAR


Postais
Postais



 

Primeiros parlamentarios

Eran outros tempos. Había outros problemas, e sobre todo un xeito diferente de concibir a política. Fanse 20 anos de autonomía e crimos que había que mirar para atrás. ¿Lembran vostedes a Ramón Piñeiro, Carlos Casares e Alfredo Conde sentados no vello edificio de Fonseca? ¿E os lentes e o bigote de Anxo Guerreiro? ¿E a Enma González Bermello, vestida con traxe típico e dicindo que "unha ocasión histórica merecía un traxe histórico"? ¿Tal vez a Carmen Lovelle, a verinesa de AP que agora é secretaria xeral do partido de Ruiz Mateos? Entrevistamos aquí tres daqueles homes e mulleres que formaron parte do primeiro parlamento. Eles viviron os comezos en primeira persoa, e por iso agora poden contarnos como vían a política galega daquela, e agora.


Enma González Bermello
Enma González Bermello foi unha das tres mulleres que formaban parte do primeiro parlamento galego, aló polo 81. A deputada da UCD, ex-alcaldesa de Vigo, deixou entrever a súa morriña polos tempos nos que aínda estaba a xestarse a nosa autonomía. Vinte anos despois, a "deputada vestida de galega" coméntanos as diferencias que atopa entre a política actual e a daquel tempo e anuncia que "as cousas teñen que cambiar".

Alfredo Conde Cid
Falamos con Alfredo Conde Cid, deputado independente polo PSdeG-PSOE no primeiro Parlamento autonómico. Teima contra a terminoloxía política actual pouco ilusionante e dos deputados 'culiparlantes' que renden conta ao partido antes que aos cidadáns que lles deron o voto. ¿Cal era o papel dos intelectuais na política daquela? ¿E agora?

Lois Diéguez
Lois Diéguez, topógrafo metido a escritor, foi un dos tres primeiros deputados do BNPG no parlamento. A súa fuxida da Cámara por non xurar a Constitución decimou o seu partido, que quedou catro anos máis tarde reducido á mínima expresión. ¿Estivo ben? ¿Mal? ¿Teríao feito doutro xeito? E avisa: "pode volver a UCD".


«« Portada da Edición

Opina
Fai os teus comentarios no:

Foro xeral G>2001
.........................
Foro PP
.........................
Foro BNG
.........................
Foro PSOE