VieirosG2001
Especial Eleccions

 PODER GALEGO
 O PAÍS
 O GOBERNO
 OS PARTIDOS
 PP
 BNG
 PSOE
 OUTROS
 OS PROGRAMAS
 PP
 BNG
 PSOE
 COMPARATIVA
 OS LÍDERES
 FRAGA
 BEIRAS
 TOURIÑO
 RESULTADOS
 CANDIDATOS
 FOROS
 EVOLUCIÓN DO VOTO
 SONDAXES
 LIGAZÓNS
 CONTACTAR


Postais
Postais



 

Outros partidos


Esquerda de Galicia

Xorde da escisión de Esquerda Unida antes das eleccións de 1999. Dirixida por Anxo ‘Geluco’ Guerreiro vai en coalición co PSdeG-PSOE e cos Verdes aquel ano. Obtén dous representantes no Parlamento. Nas presentes eleccións ofreceulle reiteradamente ao PSOE un pacto para iren xuntos de novo. Guerreiro mesmo chegou a propoñer non ir el mesmo nas listas se o pacto chegaba a bo termo. Os socialistas só estaban dispostos a admitilos se se integraban totalmente no partido. Finalmente deciden concorrer en solitario ás eleccións.

............................................................

Esquerda Unida-Izquierda Unida

Esta é a parte de Izquierda Unida que en 1999 lle foi fiel a Madrid e seguiu a tese de Anguita, contraria a calquera tipo de pacto co PSOE. O pacto de Anxo Guerreiro con Abel Caballero e cos Verdes, aínda que en principio foi aprobado nas asembleas internas, foi desautorizado pola dirección federal, o que provocou a escisión.

............................................................

Democracia Progresista Galega

Agrupa baixo estas siglas a Democracia Galega, Coalición Galega e o grupo Progresistas de Galicia do ex-alcalde vigués Manuel Soto. Tenta chegar a un electorado autonomista e de centro. Presenta como candidato a Enrique Marfany, presidente da Deputación da Coruña por UCD entre 1979 e 1986 e posteriormente senador. Marfany retirouse no 86 logo do fracaso da súa Coalición Progresista Galega. Oito anos máis tarde volta á escena política con Democracia Galega, que nestas autonómicas e cos seus novos compañeiros de viaxe electoral ten un obxectivo moi claro que recolle o eslogan de campaña: "A cuarta forza política pode decidir"

............................................................

Fronte Popular Galega

Forza independentista con listas poboadas maioritariamente de intelectuais, entre outros Méndez Ferrín, Darío Xohán Cabana ou Chus Pato. Rexeitou integrarse no movemento Nós-Unidade Popular que recentemente tentou reunir baixo as mesmas siglas todo o espectro independentista galego. O apoio electoral desta veterana forza diminúe en cada cita. Nas Xerais do ano pasado acadaron menos de 2.000 votos en todo o país. Situan o seu obxectivo na "loita pola defensa dos traballadores do país fronte a un contexto de pactos e reformas contrarios".

............................................................

Partido Humanista (PH)

Fundado en 1984. A súa orixe está en membros do Movemento Humanista. Logo do referédum da OTAN participa na formación de Izquierda Unida en 1986, asumindo unha das súas vicepresidencias. A finais dese ano abandona IU. Dende entón ten presencia case testemuñal. No 97 comeza a medrar electoralmente.

............................................................

Partido de los autónomos y profesionales (AU.TO.NO.MO)

Formación política que só se presenta ás eleccións en Galicia e Asturias. 3.182 votos os respaldaron nas últimas lexislativas.

............................................................

Partido Social y Democrático del Derecho (SDD)

Formación política que só se presenta pola provincia de Pontevedra e que ten a súa sede en Vigo. A súa campaña vira ao redor da defensa do castelán, ao que perciben perseguido en Galicia. Presentouse ás municipais de 1999, pero non ás Lexislativas de 2001.


«« Portada da Edición

Opina
Fai os teus comentarios no:

Foro xeral G>2001
.........................
Foro PP
.........................
Foro BNG
.........................
Foro PSOE

 LIGAZÓNS
Web oficial de EdeG
Entrevista a Anxo Guerreiro
.........................
Web oficial de IU en Galicia
Entrevista a Carlos Dafonte
Actos electorais de IU
.........................
Entrevista a Enrique Marfany
.........................
Entrevista a Mariano Abalo
.........................
Web oficial do Partido Humanista
.........................
Web oficial do SDD
Programa do SDD