Esta 24 de xuño é o Día Internacional contra a CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA. A electropolución é a exposición continua a campos electromagnéticos, principalmente liñas de alta tensión e subestacións eléctricas, así como antenas de telefonía móbil e sistemas Wifi-Wimax. Nesta data, organizacións de afectad@s e ecoloxistas queremos denunciar o medre insustentábel da electropolución pola proliferación descontrolada de infraestruturas eléctricas e redes de telecomunicación, que se está a convertir nun problema ambiental e de saúde. Porén, demandamos un cambio lexislativo profundo nas normativas que regulamentan este tipo de actividades.
No que atinxe á contaminación electromagnética producida polos campos electromagnéticos de baixa frecuencia (liñas e subestacións eléctricas), as mobilizacións veciñais contra os proxectos de senllas subestacións eléctricas en Patraix (Valencia) e Grado (Asturias) ou a loita contra o trazado das liñas Lada–Velilla (Asturias-León), Soto del Barco (Asturias)-Penagos (Cantabria) e Gueñes (Biscaia), o proxecto de interconexión de alta tensión con Francia, en Cataluña e tantos outros, son exemplos dunha maior preocupación sobre os impactos e posíbeis afeccións para a saúde derivadas desta proliferación descontrolada e caótica no medio rural e urbano. Xunto a isto hai que sinalar accións xudiciais como a sentenza pola que se condeaba a unha empresa eléctrica pola contaminación electromagnética dun transformador en Murcia e a resolución da Audiencia Provincial de Castellón que obrigaba á retirada dun transformador en Burriana; ao considerar que existe un indicio razoábel e significativo de que o nível de exposición nas viviendas é un factor de risco. Estas accións poñen de manifiesto unha longa loita contra os impactos ambientais e sobre a saúde publica derivada dunha exposición continua aos campos electromagnéticos de baixa frecuencia, como os producidos polas liñas de alta e media tensión, subestacións, transformadores e infraestruturas eléctricas. Cremos que es necesario un cambio significativo da Lei do Sector Eléctrico do 97 e os regulamentos de liñas de alta tensión e subestacións eléctricas, así como da lexislación autonómica coa introducción de criterios de precaución, distancias de seguridade, reserva especifica de solo para esas infraestruturas fóra de zonas residenciais e rebaixa significativa dos níveis de exposición a campos electromagnéticos. As movilizacións contra as emisións de campos electromagnéticos de moi alta frecuencia e microondas pulsáteis producidas polas antenas de telefonía móbil e sistemas de telecomunicación foi unha constante en todo o estado español, ante unha normativa estatal que se fixo ao ditado das operadoras. Existen numerosas conferenzas internacionis que alertan sobre os posíbeis efeitos e riscos na saúde (Declaracións de Viena 1998, Salzburgo 2000, Roccaraso 2000, Alcalá de Henares 2002, Catania 2002, Friburgo 2002, Benevento 2006) así como estudos epidemiolóxicos e traballos científicos europeos, como o programa REFLEX, que alertan sobre cambios a nível celular e subcelular cos consecuentes efeitos negativos sobre os seres vivos, o medio ambiente e a saúde. Por todo isto, é imprescindíbel o desenvolvemento dun programa e investigación pública, estatal e independente, con estudos epidemiolóxicos sobre os efectos sobre a saúde e un cambio en profundidade da normativa actual que debe basearse en criterios de control público sobre os lugares de establecemento de antenas, valores límite de exposición que impidan que se orixinen as enfermidades de que falan eses estudos e se produzan cambios celulares, así como tamén é necesario a transformación da Lei Xeral de Telecomunicacións e da normativa estatal e autonómica sobre o espazo radioeléctrico. ASINAN: Acció Cultural del País Valencià Acció i Reflexió Ciutadana ADEGA - Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza Afectats Antenes Sant Andreu, Barcelona Agró – Acció Ecologista AMPA y claustro Colegio Mª Auxiliadora, Valencia AMPA y claustro de CP Angel de la Guarda, ValenciaAMPA y claustro de CP Fausto Martínez, Valencia AMPA y claustro de CP Jesús, Valencia AMPA y claustro de CP Padre Manjón,Valencia AMPA y claustro de CP Ramiro Jover, Valencia AMPA y claustro de CP Sara Fernández , Valencia AMPA y claustro de CP Soto Micó, Valencia AMPA y claustro de CP Tomás de Villarroya, Valencia AMPA y claustro de IES Juan de Garay, Valencia AMPA y claustro de IES Joanot Martorell, Valencia AMPA y claustro de IES Ciudad del Aprendiz,Valencia ANTENA NO - Getxo, Vizcaya ASIDES, Zaragoza Asociación de afectados/as polas antenas de Chapela, Vigo Asociación de Estudios Geobiológicos GEA Asociación de Vecinos Creu Coberta ,Valencia Asociación de Vecinos de Favara ,Valencia Asociación de Vecinos Jesús-Gaspar Aguilar, Valencia Asociación de Vecinos "La Maragata", Comares, Málaga Asociación de vecinos Parque Central-Iturbi, Valencia Asociación de Vecinos San Marcel.lí, Valencia Asociación de Vecinos San Vicente,Valencia Asociación de Vecinos Senabre, Valencia Asociación Oikos-Ambiental, Mataró Asociación Vallisoletana de Afectad@s por Antenas de Telefonia Móvil, Valladolid Asociación de Vecinos de Daganzo, Madrid AVACE - Asociación Valenciana Afectados por Campos Electromagnéticos Colectivo de Afectados por Telefonía Móvil de Navarra Col.lectiu Les Delicies - Rafelguaraf Col•lectiu Units pel Voluntariat i la Llengua Comisión para el Traslado de la Subestación de Patraix, Valencia Compromís pel Territori Coordinadora Contra l'Alta Tensió de la Valldigna Coordinadora de Afectados/as pola Instalación de Antenas de Telefonía Móbil de Ourense Coordinadora por la Enseñanza Pública del Distrito de Jesús, Valencia COVACE Coordinadora Vasca de Afectados por Contaminación Electromagnética Cuidado Antenas de Salamanca DORRETXE Asociación Ecologista, Euskadi Ecologistas en Acción Guadalajara Ecologistas en Acción de León Ecologistas en Acción Región Murciana Ecologistas en Acción de Madrid Ecologistas en Acción de Salamanca Ecologistes en Acció de Catalunya Ecologistes en Acció País Valencia Federación de Asociaciones de Vecinos (FAVB) de Barcelona Federación Veciñal Roi Xordo de Ferrol FUCAT (Fòrum Unitari Contra l'Alta Tensió) Granja La Peira, Cooperativa Valenciana Grupo de Estudio y Conservación de los Espacios Naturales (GECEN) Intersindical Valenciana Marfull Paiporta sin Antenas PKAT Plataforma contra l'Alta Tensió Plataforma Cidadá da Ponte, Ourense Plataforma contra as antenas de Vite, Santiago de Compostela Plataforma contra las Antenas de Telefonia Móvil, Alicante Plataforma de afectados/as de San Lázaro, Santiago de Compostela Plataforma de Afectados por la Telefonía Móvil de León Plataforma de Vecinos Afectados por la Telefonía Móvil, Barrio Covadonga, Torrelavega, Cantabria Plataforma NAT - l'Ènova Plataforma NAT - Manuel Plataforma NAT-ÈNOVA Plataforma NAT - Barxeta Plataforma No a la Contaminació de Castellón Plataforma Pels Pobles de la Safor Plataforma per Russafa Plataforma Vecinal de Penagos, Cantabria Plataforma Veïnal de Sant Antoni, Barcelona SAGARRAK –Ekologistak Martxan SVO Sociedad Valenciana de Ornitología Xuquer Viu