Vieiros

Vieiros de meu Perfil


O desemprego en Galicia

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de O desemprego en Galicia

O desemprego en Galicia

O tema do desemprego e o paro non acada seareiros nos xornais, así e todo o Estado incumpre a súa meirande función social, e non é quen de decatarse da atención ás persoas desprotexidas que a crise vai deixando polo camiño. Cumpre que o vindeiro un de maio os persoeiros do poder sindical coa clase política, ou sen ela, fagan un forte chamamento á toma das rúas canda os obreiros e traballadores, coa finalidade de lembrarlle aos gobernos que os desempregados fican alí. Fai falla un aceno na busca de rematar esta xeira de aldraxes que esculcan os dereitos, maila liberdade destas persoas, xa que canto máis adiemos a resposta, espallando e fornecendo os medios de protección social, subsidios e axudas a todo-los desempregados, máis nos afastamos da solución.

Enviada por osimon osimon o 30/04/2010 01:23

O tema do desemprego e o paro non acada seareiros nos xornais, velaí os comentarios, semella que ten mais pegada a frialdade estatística ca os milleiros de traballadores que fican nel sen inzar xa paga ningunha.

O noso presidente do Goberno vai pola vida botando a pracer leccións e receitas aos que o escoitan e deixa a nosa casa deturpada, neste e outros eidos da problemática social que abrangue a moitisimas persoas que ao día de hoxe non ten mais axuda que os servizos socias ou de caridade, que lle daren un prato de comida unha vez ao día.

O estado de benestar lles chega a uns, e a outros ren, cal é o futuro destes nun espazo onde o capitalismo salvaxe é quen de dar as ordes e rexer os destinos das persoas se o Estado incumpre a súa meirande función social, e non é quen de decatarse da atención ás persoas desprotexidas que a crise vai deixando polo camiño.

Esquece abofé o goberno do Estado unha asistencia ás persoas co obxecto de non deixar que estás desaparezan do tecido da sociedade, e aínda polo miúdo ser quen de mercar bens e servizos cos que manter o artellado da pequena e mediana empresa, as tendas de barrio etc. Sobor da problemática non é doada a escusa dos gobernos que xustifican os actuais niveis de pobreza na economía somerxida, xa que deste xeito rexeitan a seu compromiso de acoller ás persoas que viven nestas leiras, así e todo profundan a inxustiza social e refugan da súa obriga coas máis elementais regras da vida que protexen os artigos da Constitución.

Nesta sociedade mergullada na apraxia e o desleixo, centos de eles acadando só un subsidio miserento fican orfos e esquecidos no senso social, cumpre que o vindeiro un de maio os persoeiros do poder sindical coa clase política, ou sen ela, fagan un forte chamamento á toma das rúas canda os obreiros e traballadores en xeral, coa finalidade de lembrarlle aos gobernos que os desempregados fican alí, e día a día medra a súa cantidade mailos atrancos dos que esgotaren o subsidio. Porén a defensa do traballo, seica é doado saír ás rúas a prol da protección social dos desempregados mailas súas familias.

Fai falla un aceno na busca de rematar esta xeira de aldraxes que esculcan os dereitos, maila liberdade destas persoas, xa que canto máis adiemos a resposta, espallando e fornecendo os medios de protección social, subsidios e axudas a todo-los desempregados, máis nos afastamos da solución.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: