Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Cabozo.com posiciónase como firme candidata a ocupar un lugar de referencia entre as Web sociais 'made in Galicia'

Sen ningún tipo de axuda institucional ou privada os ‘desarrolladores’ de Cabozo.com, dous mozos de Viveiro, lograron asentar as bases dun dos proxectos galegos máis atractivos e con máis posibilidades de desenvolvemento dentro da Internet galega.

Enviada por Nika Nika o 18/01/2010 17:31

Só 10 meses despois da súa apertura, a rede social galega conta con máis de 2.600 usuarios rexistrados. Aínda que estas cifras poidan parecer insignificantes, ao lado das cifras millonarias de redes sociais máis coñecidas, debe terse en conta que Cabozo foi dirixida principalmente ao mercado galego, de aí tamén que Cabozo unicamente se atope redactada na nosa lingua.  

Máis significativos son estes datos se os comparamos cos de Chuza.org, a día de hoxe, probablemente, a Web social de referencia en Galicia. Este sitio de novas 'galegas' cun control editorial non xerárquico, conta con algo máis de 5.200 usuarios rexistrados tras algo máis de tres anos a disposición dos internautas.  

Cabozo logrou, polo tanto, conseguir a metade de usuarios rexistrados en Chuza en só dez meses, o que formula as grandes posibilidades de crecemento desta Web.  

Fóra de calquera posicionamento ideolóxico-político, algo cada día máis difícil de atopar nos medios públicos actuais, e baixo a 'bandeira' da pluralidade e a defensa e promoción do galego, lograron asentar unha comunidade estable de usuarios que son a base do futuro desenvolvemento do proxecto. Mesmo lograron atraer usuarios non galegos, se ben estes son actualmente unha minoría simbólica no total de usuarios.  

Moitos son os medios galegos que fixeron algún tipo de referencia a Cabozo, independentemente das súas 'cores', tendencias ou afinidades políticas, durante estes dez meses: Vieiros, Galiciaé, El Progreso, Diario de Pontevedra, La Voz de Galicia, Código Cero, Chuza, Galicia Confidencial, A Nosa Terra, Crónica 3 A Mariña, AGNIX.org, Novosmedios.org dá USC, Net Club Caixa Galicia, Novaxove.com, Ciberirmandade.org, Radio Galega e a TVG son algúns exemplos.  

Tamén algún medio non galego como Silicon News se fixo eco das peculiaridades de Cabozo.  

Moitos foron tamén os internautas que por vontade propia se encargaron de axudar á difusión desta rede galega a través dos seus blogs ou mediante a creación de eventos noutras redes sociais.  

Poderá Cabozo.com, produto galego, chegar algún día a facerlle a competencia en Galicia de ti a ti ás xigantes do sector (Facebook, Tuenti...)?  O tempo dirao, aínda que a tarefa parece complicada pola desigualdade de condicións.


4,27/5 (15 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Cabozo.com posiciónase como firme candidata a ocupar un lugar de referencia entre as Web sociais 'made in Galicia'