Amañaremos algo nesta teraa dunha vez???
Dende logo que pouca vergoña...
Os que iniciaron este agravio comparativo co resto do territorio (non obviemos que unha das zonas máis transitadas da comunidade adolece de infraestructuras gratuitas, mentres que outras ben menos poboadas sí as teñen), agora permiten que unha concesionaria que explota unha vía feita con cartos públicos (polo menos no tramo Coruña- Sabón), siga cobrando peaxe por un servizo tan deficitario (circúlase por uEn só carril, a paso de tartaruga, e din que aínda vai seguir así polo menos dous meses máis- total sobre 3 meses).
Aparte das condicións de seguridade vial e de deseño da vía (é unha infamia chamala autoestrada, polo menos respecto dos mortos e eivados na mesma), a súa orixe xa é discriminatoria.
E van os responsables do inicio deste agravio (ou esquecen quen a inaugurou con premeditación e alevosía, ou quen despotricaba na anterior lexislatura contra a anterior Administración por un problema que eles crearan), e lonxe de poñerlle coto e solución a isto, van de magnánimos e dinnos que non nos van subir a peaxe o ano que ven.
E nós , claro, suponse que caladiños e asentir. E que non vai ter límite o abuso do consumidor?? Acaso as autoridades van seguir ninguneando ós contribuíntes coma sempre??
Pois teñen unha oportunidade inmellorable para poñer fin a ese problema que eles crearon, e rectificar, que xa se sabe que é cousa de sabios, non???