Vieiros

Vieiros de meu Perfil


O Apalpador volve polo Nadal

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de O Apalpador volve polo Nadal

O Apalpador volve polo Nadal

Finaliza o cumio segredo, na capital Turcomenistá de Ashgabat, entre Santa Claus e o Apalpador. 
Auspiciado polos tres Reis Magos de Oriente, finalmente tras largas conversas de varios anos, as competencias de reparto de agasallos aos nenos na noiteboa en Galiza correspondera novamente ao Apalpador. 
http://galiza-sosego.blogspot.com/

Enviada por GALIZA_SOSEGO GALIZA_SOSEGO o 24/11/2009 02:19

Segundo apuntan diversas axencias internacionais, as condicións para poder chegar finalmente a un acordo foron moi duras e non estiveron libres de grandes concesións polos dous bandos. Nun aspecto que o Apalpador nun principio consideraba inamovible, ao final, converteuse na chave de saída desta longa negociación. Finalmente o Apalpador accedeu a participar en campañas publicitarias dunha coñecida marca de refrescos de Cola. 
Non se coñecen aínda os termos exactos do acordo, mais o Secretario Xeral da ONU, Ban Ki-moon, declarou que o conseguido supón un retorno a un statu quo que nunca debeu racharse.
Nun orde mais domestico, o Presidente da Xunta de Galicia, o popular Alberto Nuñez Feijoo, declaro que dende a Xunta de Galicia non teñen nada que declarar ao respecto, mais cree que este acordo non supón mais que un invento raro dos nacionalistas por evitar tratar con unha figura tan española como Papa Noel. Pola súa banda, a presidenta da asociación Galicia – Bilingüe, manifestou a súa perplexidade en que as autoridades consintan que un vello carboeiro barbudo das montañas do Courel baixe as nosas vilas e cidades a “apalparlle” as barrigas a uns nenos, acostumados a non ter contacto físico ningún cunha figura tan nosa e entrañable como Papa Noel. 
A elección da capital Turcomenistá de Ashgabat como sede das negociacións é, a declaracións da Súa Maxestade Melchor, a consecuencia da proximidade xeográfica da morada del e dos seus dous compañeiros, as Súas Maxestades Gaspar e Baltasar; e polo carácter de gran reserva no que se tiveron que manter durante varios anos unas conversas tan complexas.  
O Presidente vitalicio da ex república soviética de Turcomenistan, Kurbanguly Berdymukhamedov, mostrouse encantado de poder mostrar a todo o mundo que na súa nación pódense chegar a acordos moi importantes para todos os países do mundo e descualificou as, ao seu entender, calumnias, que desde sectores internacionais verten cara o seu rexinme, cualificandoo de ditatorial e contrario aos dereito humanos. 
O Apalpador non quixo facer declaración ao noso corresponsal a saída do cumio alegando que estaba moi canso e lle quedaba un traxecto moi longo por percorrer para chegar as montañas do Courel e preparar todo para o próximo Nadal. Dende Ashgabat deberá coller un voo a Madrid con escala en Moscova para dende alí, viaxar a Labacolla e logo por terra achegarse a súa morada nas montañas co Courel.  
En todo caso, segundo puidemos saber dende Galiza Sosego (GzS), existe unha disposición transitoria no acordo, na que por un determinado tempo de varios anos, que non podemos determinar, tódolos nenos e nenas que soliciten os seus agasallos a Santa Claus, serán atendidos por este, sen intermediación do Apalpador. Está disposición transitoria, esta pensada para non causar traumas aos pais dos nenos de grandes vilas como Vigo ou A Coruña onde as tradicións norteamericanas teñen un amplo arraigo. 
Sectores ultranacionalistas españois mostraron xa o seu rexeitamento ao acordo adoptado, cualificando ao Apalpador coma unha mala copia da, segundo eses sectores, desafortunada icona abertzale do Olentzero vasco. Ao respecto, o Olentzero vasco declarou coñecer dende fai moito tempo ao Apalpador, pois coinciden anualmente no cumio internacional da MFIPC (Mythical Figure international Partnership Christmas) con sede en Atlanta (USA). Sobre o aspecto de que os dous usen boina, teñan barba e de oficio carboeiro, o Olentzero declarou que a vestimenta e a barba son tradicionais nas dúas nacións, tanto en Euskadi como Galiza e sobre a coincidencia de oficio declarou que na montaña non existen moitas outras actividades as que adicarse. -Resulta agora que algún pretende que no medio da montaña tiveramos posto unha asesoría de empresas- declarou anoxado. 
Ficha técnica.  
O Apalpador e un xigante de oficio carboeiro que na noiteboa baixa das montañas do Courel as aldeas, vilas e cidades galegas, coa intención de apalpar as barrigas das nenas e nenos para comprobar que cearon ben esa noite e que están ben mantidos. O Apalpador vixía que vivan con fartura e deséxalles para o vindeiro ano que continúen a non pasar fame, e déixalles unha presa de castañas e agasallos como lembranza da súa visita.
http://galiza-sosego.blogspot.com/


4,76/5 (17 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O Apalpador volve polo Nadal