Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Civilización e Barbarie en Galicia.

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Civilización e Barbarie en Galicia.

Civilización e Barbarie en Galicia.

Xosé Lois Martínez, arquitecto profesor titular de Urbanismo e Vicerrector de infraestructuras de a UDC, publica un artigo sobre as causas da destrucción do patrimonio arquitectónico e Urbanístico en Galicia no blog de Xoan Piñón.
enlace en : http://xoanpinon.blogspot.com

Enviada por xpinon xpinon o 16/10/2009 20:53

Civilización e Barbarie en Galicia
Non é unha fotografía para agradar. 
Un pequeno e composto edificio de vivendas da pequena burguesía galega decimonónica queda emparedado entre a esquelética estructura de dous xigantes da especulacion inmobiliaria do desarrollismo. 
A luz, rebota nos forxados, vigas e pilares de formigon, ainda desnudos da roupaxe epidérmica da fachada, dibuxando unha cuadricula dun negro baleiro que contrasta coa fraxilidade e transparencia das delicadas galerias de madeira e vidro nas que, blancas e ordenadas cortinas, mostran signos dunha vida domestica en aparente tranquilidade. Na planta baixa o rótulo do Bar Benito, parcialmente oculto tralos andamios, agóchase coñecedor da imposibilidade da sua supervivencia no novo escenario que se está a construir. 
Sobre o pequeno edificio, un inquietante baleiro recórtase nunha paisaxe urbana en transformacion. A mirada fotográfica de Xoan Piñón é unha mirada critica. A dimensión do baleiro mide a intensidade da violencia coa que se transforma un, en principio anonimo Centro Histórico, na desigual batalla que se está librando pola defensa do patrimonio durante os ultimos cuarenta anos. 
A cultura fronte a barbarie. 
A arquitectura da cidade entendida como valor de uso e signo de excelencia e identidade urbana, fronte arquitectura na sua condición adxectiva ao servizo dun producto inmobiliario concebido prioritariamente como valor de cambio, como mercancía. 
Unha imaxe na que se visibiliza unha etapa crítica na construccion da cidade contemporánea. O enfoque frontal, sitúa a franxa do baleiro entre edificaciós no centro da imaxe.
Converteo en protagonista, cun nivel de abstraccion que abre a posibilidade da identificacion da fotografía cun fragmento de calqueira vila ou cidade do país: ¿O ensanche da Coruña ou o de Santiago?.¿Viveiro ou Betanzos?. ¿Sarria ou Monforte? ¿O ensanche de Vigo ou o de Pontevedra? ¿A Rua de Linares Rivas ou a Plaza de Pontevedra? ¿Verin ou Malpica?¿O barrio da Magdalena de Ferrol?.
Entre os multiples significados a fotografía remitenos a un tempo ( o ultimo cuarto do seculo XX), e a unhas formas urbanas en colisión (co extraordinario cambio de escala das novas edificacions que triplican o numero de plantas da precedente).
Nun momento concreto, no centro das grandes cidades galegas estanse a enunciar as reglas a seguir, os modelos a imitar na construccion do espazo urbano dos últimos anos do seculo XX.
Dende o corazón mismo da urbanidade o cáncro extendéuse rapidamente ao xeito dunha metástase por todo o corpo do país.
Pero é a posibilidade de percibir a intensidade da violencia, a que nos revela que foi nas paisaxes urbanas dos Centros Historicos e nos Ensanches burgueses donde os novos bárbaros fixeron o primeiro acto de presencia: ali levantaron as novas referencias.
Significadas a través dos mass media como o síntoma por excelencia do “progreso” e da “modernidade”, impulsadas polo sector financieiro con novas fórmulas crediticias, abrironse as comportas da ignorancia duns e da ambición desmedida doutros que se sentiron lexitimados para, destruindo paxinas memorables do libro da cidade, transformar radicalmente o decorado que serve de telón de fondo ao drama no que se está a desenvolver a construccion da Galicia contemporanea.
Nos centros historicos ou nos pequenos ensanches de todalas vilas (Betanzos, Sada, Verin, Noia, Sarria, Baiona...) e incluso nos enton pequenos nucleos de poboacion (Santa Cruz, Mera, O Burgo, A Pasaxe, Cabanas, ...) interpretaron, cada un ao seu xeito, a mensaxe emitida dende a cidade.
Unha mensaxe que levaba implícita a incapacidade dos novos operadores urbanos de crear unha alternativa urbana propia sin negar os valores culturais da cidade precedente, da “cidade como obra de arte”. En 1969,doce anos antes da realización da fotografía,en Bolonia aprobárase o Plan Especial de Proteccion do Centro Histórico e enunciárase a necesidade da sua Planificacion Integral.
Seis anos antes, en 1975, redactárase a Declacion de Amsterdam sobre o Patrimonio Arquitectónico Europeo. A imaxen, na sua condicion fotográfica vai mais aló do momento e do lugar concreto da sua realizacion, abrindo o paso á sua “descontextualizacion temporal e física”.
Un pequeno fragmento da coruñesa plaza de Pontevedra mostranos o conflicto entre as tipoloxias da cidade histórica e as alternativas especulativas do “progreso”.
Un conflicto que o baleiro fai visible na gran tramoya dos edificios en construccion, antes de que a doce e amnésica máscara da epidérmica “arquitectura de fachada” da modernidade, oculte con maior ou menor éxito os excesos dun sector inmobiliario bárbaro e voraz que, alleo á dimension cultural e historica da cidade, reclama violentamente o rol de protagonista principal no drama da construccion da Galicia urbana. 
Xose Lois Martínez  
 


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Civilizacion e Barbarie en Galicia.