Este grupo de teatro, de Burgos, puxo a nota moi alta no Festival Galego de Cabaré da Coruña
Desbordante de imaxinación e humor, mesturando elementos cotiáns da vida real, con toques surrealistas, e achegues da comedia silente e do musical, e cun traballo actoral excelente, o grupo teatral Zanguango, de Burgos, coa representación do Desafiuzamento puxo unha nota moi alta no IV Festival Galego de Cabaré que se celebra na Coruña.
Creado en 1993, Zanguango Teatro posúe un rico historial escénico que se basea en técnicas de creación colectiva , onde se impón a frescura, a naturalidade e a sorpresa que impoñen catro actores en estado de graza: Begoña Martín, Raúl Camiño, Jorge Arche e Ronsel Cedrún, todos baixo a dirección de Miguel Muñoz, quen logran unha comunicación total co público.
O Desafiuzamento, obra creada no 2006, nárranos a historia de dúas cantantes-bailarinas de shows musicais que pretenden ser expulsadas do lugar onde viven. O executor da orde, un policía, enfróntase a elas e a un cómico arxentino vagabundo. Ao final descobren que a rúa pode ser un bo lugar para o mundo do espectáculo.
Zanguango Teatro, avalado por diversos galardóns como o Premio Max ás artes escénicas de España a mellor espectáculo revelación; Premio da unión de actores de Castela e León á mellor actriz para Begoña Martin Treviño , polo Desafiuzamento, e Premio do Público X Festival Internacional de Teatro e Artes de Rúa de Valladolid 2009, entre outros, ratifícanos que o teatro verdadeiro é unha experiencia artística que nos enriquece como seres humanos.