O vindeiro 23 de outubro de 2009, das 19:00 ás 20:30 horas, terá lugar no Centro de Dinamización da Sociedade da Información en Sada unha charla de divulgación verbo de DNI electrónico e máis a Administración Electrónica.
O Centro de Dinamización da Sociedade da Información (CDSI) de Sada pertence á Rede de Dinamización da Sociedade da Información (RDSI); a cal traballa a prol da alfabetización dixital para a inmersión dos galegos e galegas na Sociedade da Información, titorizando tecnoloxicamente a todos os segmentos da poboación, mais facendo especial fincapé nos colectivos con menos acceso á Informática, a Internet e ás Novas Tecnoloxías.
O CDSI de Sada, como o resto de centros da RDSI, ademáis de actividades formativas e divulgativas de balde no eido das Novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), ofrece ás súas persoas usuarias acceso gratuito a internet.
O vindeiro venres, 23 de outubro de 2009, terá lugar no devandito centro unha charla de difución verbo do DNI electrónico e máis a Administración Electrónica. Concretamente se abordará, dunha banda, que é o DNI electrónico, como se usa e máis que utilidades ten e, doutra, que é a Administración Electrónica e que posibilidades nos ofrece ás persoas.
Datos de interese:
Data e horario: 23 de outubro de 2009, de 19:00h. a 20:30h.
Lugar: Centro de Dinamización da Sociedade da Información, sito en Praza da Igrexa Nova, 7 - Baixo (Esquina Oza dos Ríos); Sada - A Coruña.
Nº de prazas: Ata completar aforo.
Tlf.: 881963718.
Caixas de correo: lucia.sada@dinamiza.fundacioncalidade.org e victor.sada@dinamiza.fundacioncalidade.org
Máis información verbo da Rede de Dinamización da Sociedade da Información, o seu proxecto e actividades na seguinte ligazón: www.redededinamizacion.eu
Web do CDSI de Sada: http://www.redededinamizacion.eu/web2/centro.php?cod_centro=104