Vieiros

Vieiros de meu Perfil


El Progreso bota sete traballadores do Diario de Pontevedra malia recibir medio millón de axudas

O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) expresa a súa solidariedade co cadro de persoal do Diario de Pontevedra. Lérez Ediciones, parte do Grupo El Progreso, despediu esta semana a sete traballadores.

Enviada por SXG SXG o 18/09/2009 13:34

Esta corporación, malia recibir cuantiosas subvencións da Xunta, xa botou a once asalariados do Diario de Pontevedra no que vai de ano. O SXG apoia as mobilizacións que convoca o Comité de Traballadores, como cumprir estritamente o horario laboral do convenio, que establece unha xornada de seis horas.O Sindicato destaca ademais que El Progreso está a despedir operarios malia que hai menos dun mes recibiu máis de medio millón de euros de subvencións da Xunta. Foron 532.000 para as súas cabeceiras: 272.000 euros para De Luns a Venres, 180.000 para o diario El Progreso de Lugo e 84.000 para Lérez Ediciones. Así se pode comprobar nos DOG do 14 e do 28 de agosto deste ano.Por iso SXG denuncia que as administracións seguen a subvencionar sen control aos medios mentres os empresarios da comunicación fan aínda máis precarias as condicións de traballo de xornalistas e gráficos.O novo Goberno esquece o que pedía cando estaba na oposiciónÉ máis, o novo Goberno da Xunta segue a obviar a Proposición non de Lei aprobada por unanimidade polo Parlamento de Galicia na recta final pasada lexislatura. Nela reclámase ao Executivo que condicione as subvencións aos medios á promoción do emprego estable.Porén, a Xunta segue sen tomar ningunha medida ao respecto violando claramente o votado polo Grupo Parlamentario Popular cando estaba na oposición.As universidades son cómplices da vaga de despedimentosAnte os continuos casos de despedimentos no Diario de Pontevedra e outros medios, o SXG reclama que as tres universidades de Galicia deixen de facilitar bolseiros ás empresas que consumen reducións de cadro de persoal sen chegar a un acordo cos comités de empresa.É evidente que o Diario de Pontevedra e moitos medios galegos están explotando aos universitarios como man de obra barata para substituír a labor dos profesionais que son despedidos.As facultades de xornalismo e de comunicación deben deixar de mirar para outro lado. Do contrario estarán condenando aos seus alumnos a un mercado laboral sen futuro.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: