Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Decorren malos tempos cara á inmigración latinoamericana

  Seica xamais foran os mellores, arestora non asubían bos ventos para-la inmigración, nas últimas tempadas cidadáns de tres países latinoamericanos foron vítimas do sistema imposto polas leis do estado Español, ou pola contra, do incumprimento delas, no caso dun inmigrante Boliviano ou o traballador Uruguaio. Os inmigrantes latinoamericanos fican engulidos polas abafantes condicións do mercado de traballo no noso país, mailas aldraxes que sofren os viaxeiros no intre de chegar ao estado, cumpre dicir que sen dubida non son bos os tempos cara á inmigración latinoamericana.

Enviada por osimon osimon o 18/09/2009 01:40

  O día 28 do mes de maio un traballador de orixe Boliviano, residente ilegal noso país ficaba no seu traballo nunha factoría panadeira na Valencia cidade de Gandía, alí o inmigrante facía longas quendas laborais coa esperanza de enviarlle a meirande dos cartos aos seus, no pais do Altiplano.A súa tarefa abranguía o traballo a esgalla de aquelar as pezas do pan, cocelo e logo empaquetalo, poren a falla dun compañeiro o inmigrante faría ese día unha esgotadora xornada laboral, máis aló do que o facía a cotiá, que dende as primeiras horas da noite, remataría ao día seguinte preto das once da maña.
Nese intre nun fallo na manobra do traballo do propio inmigrante, este meteu a man na maquina cuxa ferramenta que semella a pa dunha hélice, fendeulle o brazo esquerdo ao nivel do cóbado, o padrón axiña veu a desfeita colleu ao inmigrante e llo botou fora do espazo da panadaría, e de contado o levou deica as urxencias, alí o deixo na rúa amosándolle que xa o atenderan, logo do que liscou desentendéndose do atranco.
Ren puideron facer os médicos pola recuperación do accidente, a perda do brazo non tiña volta atrás, seica serviu coa finalidade que as pouco favorábeis condicións de traballo viran a luz, o inmigrante mailos seus compañeiros de traballo non figuraban nos rexistros da Seguridade Social, así e todo a sociedade coñeceu das longas tempadas de traballo e das baixas pagas destes inmigrantes irregulares e descoñecidos, que percorren os vieiros do mercado laboral Español. Os sindicatos denunciaron perante os xulgados os feitos, e subliñan a esgrevia actitude do seu xefe, o que aínda o deixar só, pediulle que rexeitara coñecerllo e non dera os sinais do seu lugar de traballo.
 
O fillo, dun inmigrante Uruguaio sen papeis, denunciou a morte do seu pai por mor da falla de coidados médicos logo dun infarto, e que a persoa canda a que estaba a traballar e á vista dos acontecementos, llo botara fora do baixo, no que estaba a desenvolver a tarefa, a rastro polo chan ata a beirarrúa co fin de fuxir do compromiso que a situación lle impoñía.
Tamén achegou aos feitos aos xornais, e salientou a gravidade dun indubidable suceso de omisión de axuda a unha persoa, en risco manifesto de perda da vida, coa resulta de morte, polo que xa foi chamado a prestar declaración diante das forzas policiais coa finalidade de alumar o feito, no entanto afirmou que imporá denuncia contra-lo dono do bar, no que estivera traballando o seu pai, e onde ocorreran os devanditos feitos, o día 25 de xullo, a carón dos areais da praia Paraíso no sur da illa de Tenerife.
Segundo o fillo o seu pai un home buxo e albanel de profesión, levaba adiante unha tarefa de reforma dun baixo de bar e cafetaría, pola encarga do propietario, no intre que padeceu un infarto de miocardio o dono do bar, en troques de chamar axiña aos servizos de saúde, colleu ao traballador, que perdeu o siso, e llo botou fora á beirarrúa de xeito segundo o dixo que acollera o ar, máis alí o deixou deitado levándose as roupas coas que traballaba o inmigrante, unha persoa da veciñanza abraiada polo que estaba vindo lle recriminou a actitude, asemade chamou á garda civil mailos servizos de urxencias, os que foran quen de, abofé levar adiante as tarefas de reanimación, comprobar a morte do inmigrante.
 
Unha viaxeira Arxentina foi retida no aeroporto de Barallas no canto de entra-lo país coa finalidade de visitar ao seu irmán, residente legal en España, os xuíces do tribunal que a xulgou decidiran que a súa viaxe fora por pracer e seica non contar cos cartos axeitados para-lo pagamento da estada ordenaron axiña a expulsión ao país do que viñera.
A moza nada nunha cidade da Patagonia austral, Comodoro Ribadavia, foi vítima do entendemento subxectivo da normativa polo funcionario do servizo de migracións e detida no intre de entrega-la súa documentación e segundo as autoridades de migracións non amosar a carta de convite, nin ter os devanditos 65 euros por cada un dos días que tiña pensado ficar no país, de contado foi retida, incomunicada e sometida a fortes maltratos psicolóxicos, máis a un tratamento arrepiante, subliñou o seu irmán.
Aínda conta o irmán polo miúdo, que no tempo que permaneceu nun recuncho do aeroporto, xunto a outros dezasete viaxeiros, alí le foran retirados os obxectos persoais e de hixiene, foi alimentada unha vez ao día con comidas de baixa calidade que le produciran danos na saúde, así e todo o fero tratamento polas autoridades policiais e o persoal do aeroporto, os que lles amosaran a cotián a súa condición de latinos e ilegais.
Alén no Sur afastados dela, a súa familia dende Arxentina, na provincia de Chubut, inqueda pola sorte adversa da viaxeira sinalaran que o diñeiro para o súa viaxe maila estada, foille enviado por xiro bancario días antes da saída da Arxentina, e que no lle deran a posibilidade de amosar os papeis cos que garantir os ditos, no entanto denunciaron os feitos ao ministerio de exteriores do goberno Arxentino ao respecto dos maltratos recibidos e pediron adoitar accións diplomáticas para regulamentar as cartas de convite, máis unha igualdade cos requirimentos aos viaxeiros españois.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: