Arrinca unha nova edición edición da Superliga e faino de xeito embravecido no contexto brutal da Foliada Galego-Catalá de Redondela , donde grupos de ambos países compartiran estalos despois que na pista de futbito ó carón do auditorio da Xunqueira, apartires das 16:30 do serán as pinchas da conferencia sur rachen o xéo dando comezo a loucura dunha nova tempada LNB que terá nada máis nen nada menos que catro frontes abertos. A LNB invade por primeira vez Redondela e faino nun festival de caracter internacionalista xusto a mesma filosofía de expansión e irmandade entre pobos que defende a revolución billardeira.
Redondela acende a mecha no palleiro billardeiro da Conf. Sur que se espallará por tódas restantes conferencias nunha nova edición da Superliga que intitulamos coma : BILLARDA 3MILLÓNS, somos 3 millóns e pico de galeg@s, deixamos o pico para os deportes minoritaios e agresivos co medio e centrámonos nos 3 millóns de galeg@s coa dignidade suficiente para participar dista revolución que prendeu nas raices dun país en marcha, para elo apresentamos o cartaz-axenda de arrinque de tempada coa imaxe da rá velenosa , o único ser da terra capaz de equipararse ó veleno billardeiro que impregna cada acción e movimento da LNB do cal xa naide está inmune.
A revolución non será televisada, e a LNB tampouco... vas ter que estar alí!