Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Itineris recoñecida entre as empresas galegas de “mellores prácticas” segundo o Igape

 Itineris, empresa que deseñou e xestiona A Botica do Lazer foi identificada entre as 25 PME de mellores prácticas de Galicia pelo seu carácter anovador.O novo concepto patente no parque de Multiaventura "A Botica do Lazer", que abriu recentemente no norte de Portugal, levou a sua inclusión no proxecto do IGAPE que pretende identificar as PEME galegas com mellores práticas, divulgando asi as suas experiencias.

Enviada por ladydilemasedecide ladydilemasedecide o 17/08/2009 12:08

  "Identificación das mellores práticas, divulgación de novas tendencias e de ferramentas para a competitividade das empresas" é unha iniciativa que persegue mellorar a competitividade das empresas na Galiza pola divulgación das mellores experiencias, através de publicacións e conferencias. O obxectivo é fomentar a experiencia nas empresas da Galicia destacando as mellores experiencias reais do ramo empresarial galego. As boas prácticas foron sinaladas en tres áreas: anovación, loxística e eficaz introducción das TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación), seleccionando 25 empresas para cada criterio.
Itineris foi escollida, xunto com 24 PEME pelo seu carácter anovador (ou sexa, aplicación de novas ideas, conceptos, produtos, servizos e prácticas).
A identificación de 75 PME Galegas fíxose baseándose en criterios de anovación, da transferencia da iniciativa, da optimización da utilización de recursos, así como a sustentabilidade e a continuidade no futuro (económica, social e cultural).
Para o recoñecemento das empresas, o proxecto prevé a realización de workshops para o troco de experiencias (fase que se está a desenvolver, na qual xa participou Itineris). Posteriormente organizaránse unhas xornadas públicas de divulgación dos resultados, nas que, a través de foros, serán divulgadas entre todas as empresas galegas as mellores prácticas identificadas.
Para concluir o proxecto redactaranse documentos (un para cada unha das áreas analizadas) e material divulgativo.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: