Vieiros

Vieiros de meu Perfil


A Botica do Lazer, unha aposta sostible pola diversión na natureza

Os arneses axustados e os tracks sobre a liña de seguridade. Os motores dos Quads e os Landrover Defender ruxen nos roteiros 4x4 atravesando pozas, esquivando rochas e facendo saltar a terra das pistas...A Botica do Lazer xa está aberto e centeares de visitantes sentiron a emoción das suas atraccións enchendo os pulmóns co aire puro de Boticas.  Os primeiros usuarios víronse sorprendidos pola forma das suas oficinas de recepción (que evocan a dos castros), a beleza do contorno, a vertixinosa velocidade da tirolina, s, sobre todo, pola posibilidade de disfrutar dunha variada oferta de actividades de turismo activo por só 30€, que é o prezo do tica-ticket.

Enviada por ladydilemasedecide ladydilemasedecide o 11/08/2009 12:39
<!-- etiqueta sen asignar aberto_alt //-->

  Situado en Boticas, a só 15 minutos de Chaves (a menos de 30 kilómetros de Verín), este parque multiaventura permite divertirse e convivir, descargar adrenalina e poñer en valor o patrimonio, experimentar por un mesmo emocións sen límite á vez que se respecta o medio... A Botica do Lazer, creado e xestionado pola consultora de turismo galega Itineris,  é un novo concepto de Parque de Aventura que supón un novo xeito de entender o lecer e os parques temáticos, e que pretende fomentar entre os seus visitantes a sensibilidade cara á sostenibilidade, o patrimonio e o respecto.Ambientado na época e na cultura dos castros, A Botica do Lacer non é únicamente un parque de aventura cunhas impresionantes instalacións nas que se poden practicar desde rutas en 4x4, segway, kayak en augas calmas, torres de multiaventura ou paintball, entre outras actividades, senón un xeito distinto de percibir e sacarlle partido ao lecer.


Sostenibilidade e patrimonio, actividade e convivencia

O desenvolvemento deste proxecto fíxose en base a tres principios: Sostenibilidade e patrimonio, actividade e convivencia.Todo na Botica do Lazer está deseñado co obxectivo de minimizar o impacto ambiental, integrando ao 100% as atraccións e actividades no seu contorno natural e cultural. Ademáis, preténdese crear hábitos sostibles entre os visitantes do parque, contribuíndo a fomentar entre a xente a sensibilidade perante a sostenibilidade.Este obxectivo de integrar as atraccións e actividades no seu contorno, contempla tamén o aspecto cultural. O tema escollido para a ambientación do parque non é outro que "a cultura castrexa" e os habitantes daquelas poboacións pre-romanas. Precisamente, Boticas é unha das rexións portuguesas onde máis pegadas quedaron daqueles castros e os seus moradores. Foi alí onde se achou o chamado Guerreiro Galaico-Lusitán, a imaxe en pedra dun xefe guerreiro celta, contemporáneo de Viriato, lucindo o torque ao colo e exhibindo o seu armamento: un escudo redondo, un puñal lixeiro e unha malla de ferro. Esta escultura, que foi usada en ocasións como símbolo de indentidade nacional (de resistencia ao invasor e do poder civil) inspirou aos personaxes celtas que son o motivo da ambientación do parque, e que fascinará aos máis pequenos, á vez que os familiarizan con esta parte da nosa pre-historia.  Non son historias e personaxes "importados" doutros países. É a nosa propia mitoloxía a que axudará a pequenos e maiores a comprender un pouco máis a nosa cultura e profundizar sobre as nosas raíces. A experiencia de Boticas é única e irrepetible: o seu castro, os seus restos celtas, a pegada que a idade de bronce deixou nesa terra é moito máis que un simple decorado de cartón pedra. As vivencias que os usuarios terán neste parque están íntimamente ligadas ao súas profundas raíces históricas.Outro principio que inspirou este proxecto é a Actividade. O visitante de Boticas non será un mero espectador, nin protagonista pasivo dunhas atraccións nas que el só ten que deixarse levar. Frente ao activismo imperante (ese "facer por facer") e ao consumo pasivo do lecer, na Botica do Lecer o usuario será protagonista e elemento central da actividade. Isto inclúe, non só as actividades en sí, senón tamén todo o sistema de xestión e asesoramento involucrado nos proxectos educativos, de Team Building... Este novo concepto de lecer implica a búsqueda de actividades axeitadas ás necesidades e preferencias de cada usuario. O obxectivo non é que o usuario participe en todas as actividades por participar... senón que faga aquelas que se adecúen máis ás suas necesidades e gustos. É un "lecer produtivo", non un xeito de pasar o tempo, de facer actividades por facelas... serán itinerarios de actividades dotadas de sentido e contidos. A cuestión non é tanto "qué" queres facer, senón "cómo" queres facelo.O terceiro pilar sobre o que se desenvolveu o Parque de Aventura é o  da convivencia. A Botica do Lazer está dirixido a todos: familias, grupos de amigos, rapaces, empresas e colectivos (con programas concretos de formación e incentivos), deportistas... É un sitio para integrar os distintos perfís e preferencias, ás súas diferentes preparacións físicas. Non está pensado só para super-atletas e aventureiros... hai un espazo e actividades para aqueles que buscan un alto grado de emoción e descarga de adrenalina... pero tamén para os máis pequenos, para os maiores...Ademáis, todo está adaptado a calquera minusvalía, tanto física, como psíquica ou sensorial.Teñen cabida dende pequenos eventos como aniversarios, despedidas de solteiro... ata grandes convencións de empresas.Ao concebir este proxecto buscouse ademáis xerar recursos para toda a comarca. A Botica do Lazer non só contribuirá a por en valor o patrimonio de Boticas e os seus recursos medio ambientais... tamén suporá un pulo económico para toda Alturas do Barroso.


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: