Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Colabora co Plan de comunicación 2.0 da Fundación CEER

A Fundación CEER constituida polas universidades de A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, UTAD, Minho, Porto e a Xunta de Galicia naceu co obxectivo de incrementar as relacións entre as universidades galegas e do Norte de Portugal. O desenvolvemento de redes e o establecemento de sinerxías é un obxectivo prioritario para o Centro de Estudos Eurorrexionais

Enviada por queiroga queiroga o 30/06/2009 14:56

Hai cinco anos, o CEER recibía fondos europeos, concretamente a través do Interreg, para o desenvolvemento da proxecto Campus en Rede, que pretendía e pretende artellar un espazo para a difusión da información relacionada coa ciencia, a innovación, o coñecemento e a excelencia. Para crear este Campus en Rede foi necesario a creación dunha web: http://www.fceer.org/, na que se divulgarían novas e eventos a través do xornal, crearíase un centro de doumentación, un potente buscador de equipos de investigación das seis universidades que forman parte do CEER. Unha sección adicada a difusión de blogs, foros e enquisas para a xeración de debate e participación eran algunhas das iniciativas xurdidas naquel proceso.
Posteriormente foron engadidos novos apartados, creando unha web dinámica, áxil, atractiva e interesante para a comunidade universitaria da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Pasados estos cinco anos, pódese avaliar que aquela iniciativa era necesaria e constituía unha demanda latente na cidadanía do Norte de Portugal e Galicia, xa que a web do CEER segue incrementando  o seu número de visitas, chegando a ser a web con tematica eurorrexional de Galicia-Norte de Portugal máis visitada da Eurorrexión.
Para a consecución de redes e sinerxías é necesario traballar coas redes sociais xa existentes. As universidades xa están presentes en redes como Facebook, Xing, Tuenti, Orkut, etc... A presenza nas redes sociais actualmente configúrase como necesario e xenera un volume de coñecemento e intercambio de información que debe ser tido en conta polas institucións do obxectivo de estudar as potencialidades que este fenomeno pode ter.Por este motivo o CEER quere animar a estudantes, profesores, investigadorea/as, PAS, e interesados en xeral a participar no envio de propostas para que o CEER continue innovando en materia de comunicación.
Asi, durante o prazo de quince días o CEER fará unha campaña de difusión de novas relacionadas coa comunicación 2.0, onde se mencionran libros relacionados coa temática, investigadores da materia, estudos elaborados sobre as comunidades virtuais e redes sociais, etc... Para poder enviar estas propostas crearase un espazo nos foros da web: www.fceer.org onde se poderá debatir sobre as diferentes cuestións presentadas polos cidadáns, asi como se poderán enviar por correo electrónico a comunicación@fceer.org ou por correo ordinario a:
Gabinete de Comunicación do CEER
Fundación CEERC
olexio de San Xerome
Praza do Obradoiro S/N15782 Santiago de Compostela
A Coruña
Estas suxestións serán tidas en conta na elaboración do 1º PLAN DE COMUNICACIÓN 2.0 DO CEER, que pretenderá marcar as pautas de actuación nos vindeiros anos, para marcar os eixes de acción en materia de comunicación dixital


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Colabora co Plan de comunicación 2.0 da Fundación CEER