A rede social galega CABOZO consolídase, pouco a pouco, como unha interesante alternativa galega a outras redes máis populares.
- É unha páxina galega redactada integramente en galego e creada por xente galega con inquietudes semellantes ás túas.
- O 99'9% dos usuarios rexistrados na Web son galegos.
- Ao contrario que noutras redes sociais máis populares, Cabozo non ten un trasfondo lucrativo (Non ten publicidade)
- Chegado o caso, pódeste dar de baixa cun simple clic de rato. (Automaticamente serán borrados todos os teus datos persoais e todas as imaxes que subiras á Web, tanto as dos teus álbums persoais como as "subidas" aos álbums dos grupos. O teu Taboleiro persoal será eliminado xunto a todas as mensaxes que conteña. O teu nome de usuario desaparecerá dos "Seguimentos" do resto de usuarios e dos grupos dos que foses membro)
- Á hora de crear un usuario ou un grupo público para difundir un proxecto, asociación, entidade, produto, ideais, opinións, etc. saberás que estás a comunicar con xente galega e poderás ter seguidores de Galicia, co cal será máis doado que a tua "mensaxe" chegue a xente de Galicia con intereses semellantes aos teus e non a un "amigo" da "Cochinchina", como pasa noutras redes sociais, que en moitos casos non sabe nin onde está Galicia situada no mapa.
- Como usuario de Cabozo poderás achegar as túas ideas a implementar na Web e ver como estas, sempre que técnicamente sexa posible, pasarán a formar parte das utilidades da páxina, converténdote polo tanto nun desenvolvedor máis desta.
- Quitando os xogos que ofrecen redes como Facebook, en Cabozo.com poderás facer prácticamente o mesmo que noutras redes sociais máis coñecidas, mesmo con algunha posibilidade máis... Crear o teu propio perfil de usuario, ter os teus álbums de fotos persoais (públicos ou privados), crear ou formar parte de grupos públicos ou privados (os privados serano de verdade a tua libre elección), coñecer xente nova (actualmente preto de 800 usuarios rexistrados en pouco máis de 4 meses aberta ao público), intercambiar de forma pública ou privada arquivos, vídeos, fotos, enlaces... chatear en directo con outros usuarios, coñecer xente con afeccións semellantes ás tuas (Cabozo.com avisa automaticamente, tras completar o teu perfil, daqueles usuarios con gustos semellantes) e moito, moito máis!!
- Axudarás á promoción e divulgación do uso da nosa lingua e a mostrar á sociedade que unha rede social redactada integramente en galego pode ser, dentro do noso ámbito xeográfico, tan concorrida e visitada como outras redes sociais que, ou ben pasan do galego ou ben apúntanse a el por intereses que todos coñecemos...
Se queredes coñecer un pouco máis sobre as posibilidades de Cabozo.com podedes pasarvos por este enlace (http://www.youtube.com/results?search_type=&search_query=cabo zo.com&aq=f) onde poderedes atopar algúns dos vídeos titoriais que estamos a crear como axuda de uso para os nosos usuarios. ( Dende Cabozo.com pica en "Ligazón" )
Se queres axudarnos a publicitar e difundir Cabozo.com podes copiar ou enlazar este texto no teu Blog, Web, etc. (Ligazón: http://www.cabozo.com/respostasext.php?grupo=cabozonews&id=926 )
Aproveitamos para recordarvos que calquera pode difundir libremente en Cabozo.com (nos grupos públicos CabozoWebs e CabozoBlogs) as suas Webs ou Blogs persoais ou aqueles que crean interesantes para o resto da Comunidade CaboZeira.
* Tamén recomendamos, se aínda non as coñecedes, que visitedes outras Webs "sociais" galegas como Lareta, Blogaliza ou Chuza... por citar algunhas
(Texto extraido do grupo público CabozoNews de Cabozo.com. Pica sobre este texto para ver a fonte orixinal)