Dous labregos miran a un can de palleiro esfameado. "Por que non lle das de comer ao can?", pregunta un. "Para o que traballa...", contesta o outro. "Pois entón, por que non o matas?", replícalle o primeiro. O outro responde: "Para o que come...". ( Castelao )Nós traballamos para que non nos maten a lingua, e comemos e bebemos dela coa fame e a sede dun palleiro esfameado, por iso unha vez máis propomos un novo obxectivo. Desta vez algo tan noso que ate doe a alma que non tenha a representación lingüística que de xeito tan natural lle correspondería, neste caso no web do Club de raza de Can de palleiro.Por iso, para conseguir convencer a este web para que o noso idioma estea presente, a nosa proposta é que envíes este prego !!
http://www.ciberirmandade.org