Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Os libros arden mal, Manuel Rivas, A Coruña cidade da liberdade

  Literatura, música e memoria, nesta posta en escena coa presenza do escritor Manuel Rivas coma narrador, mailos músicos Marcos Meléndez, Gastón Rodríguez, Pulpiño Viascón. Teatro Rosalía de Castro da Coruña, sábado 23 de maio 2009, ás 20:30 has. o aceso e libre e de balde

Enviada por osimon osimon o 13/05/2009 11:25

  Os libros arden mal, as pegadas da sociedade galega trala guerra civil, as relacións entre vítimas e verdugos, a memoria e a emigración.

A novela publicada orixinalmente en galego, logo traducida ao castelán, francés, italiano e holandés, que nestes intres estanse traducindo ao inglés.

Foi premio da critica e dos escritores galegos, o alicerce da historia é un feito certo coma foi a queima publica de libros na cidade da Coruña no ano 1936, coa queima tentaban esgazar os ideais libertarios da cidade, nas datas da república.

O control do poder a través das mentes das persoas bule no maxín dos totalitaristas e fascistas e xerara unha forte resistencia amosada na literatura, a música e a memoria, nesta posta en escena coa presenza do escritor Manuel Rivas, coma narrador, mailos músicos Marcos Meléndez, Gastón Rodríguez, Pulpiño Viascón.

A literatura, a canción, as verbas, a música, a poesía, o tango xúntanse, ferven e axítanse na busca de levar ao espectador ás emocións, que son a fonte onde xorde o pulo creador da obra, e que reflicte ao corazón libertario da cidade.


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: