Este xoves 14 de maio Manolo Saez conversará sobre a RBis cos membros do grupo Imán e Sereos a partires das 11.00 no centro cívico do Casco Vello (rúa Oliva 12 de Vigo).
A renda básica das iguais é un ingreso individual, universal, incondicional e suficiente na súa contía, que permita aos seres humanos desenvolver unha vida con dignidade. Sen recursos iso non é posible, entón nós formulamos que os recursos se redistribúan. Esta renda é para todas as persoas polo mero feito de ter nacido: as empregadas, desempregadas, as que teñen, as que non teñen nada. A RBis é un medio e non un fin, é dicir, unha ferramenta de mobilización de conciencias que xere unha auténtica mobilización social. Por isto dicimos que a RBis é un potente virus no capitalismo.