Vieiros

Vieiros de meu Perfil


BNG-Windows

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de BNG-Windows

BNG-Windows

Vou facer un simil informático. Que ninguén se asuste.

Enviada por Artritris Artritris o 03/03/2009 03:07

Que eu saiba, non hai organizacións políticas de código aberto. Non hai partidos Linux onde cada usuario pode modificar o código para mellorar o sistema operativo ou personalizalo ao antollo. Mais o BNG, se cadra, andívolle preto ata fai pouco. Ata que mudou as regras da súa Asemblea Nacional, do seu kernel.
Desbotada a metodoloxía do Software Libre tocará fixarse nos sistemas privativos. Poñamos que o BNG é un Windows (pero podería ser un proxecto web ou moitos outros). Windows, ou o que se queira poñer como exemplo, ten como ferramenta fundamental do seu desenvolvemento a recolleita das críticas para facer melloras nas súas versións. O BNG, nacido das distintas sensibilidades do nacionalismo galego, é hoxe un Windows moi pouco receptivo ás críticas. Un Windows que diante dos avisos de erro no sistema operativo dos seus usuarios, responde cun pantallazo azul, péchase e acusa aos usuarios de seren os propios causantes dos erros.
Se o BNG non vai ser Software Libre, por favor, empregue a metodoloxía dos grandes proxectos. Fágase o favor de tomar conta de todas e cada unha das notificacións de erro no sistema e poñan a traballar aos enxeñeiros na súa reparación. Pero deixen de perder usuarios.
E agora machacádeme polo símil ;)


4,56/5 (18 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: