Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Cabozo.com entrevista en exclusiva a Carlos Taboada, director galego do documental "Quilombo electoral"

"O noso sistema electoral propicia o fraude e ninguén fai nada para rematar con esta situación. Non entendo como lle queremos dar clases de democracia a Venezuela, por exemplo, se nós mesmos non temos unhas eleccións limpas"

Enviada por Nika Nika o 27/02/2009 19:14

Cabozo.com entrevista en exclusiva a Carlos Taboada, director galego do documental "Quilombo electoral" onde nos mostra a través de entrevistas e cámaras ocultas cómo o sistema electoral da emigración galega "está podre".

Poderedes ver a entrevista no grupo público "AchegasCabozo" de Cabozo.com (www.cabozo.com). Se aínda non sodes usuarios deberedes rexistrarvos pero só é necesario un nick ou nome de usuario e unha conta de correo.

Ademais da entrevista poderedes ver un artigo sobre o interesante documental e un enlace ao blog de Carlos Taboada onde poderedes visualizar o documental (dura 35 mins. aproximadamente e recomendamos velo)

É incrible o que reflicte este documental e que aínda non se adoptaran ningún tipo de medidas.

Póñovos algúns extractos da entrevista:

"O noso sistema electoral propicia o fraude e ninguén fai nada para rematar con esta situación. Non entendo como lle queremos dar clases de democracia a Venezuela, por exemplo, se nós mesmos non temos unhas eleccións limpas"

"Emprender viaxe a Bos Aires para facer esta reportaxe foi simplemente por necesidade de contar algo do que moitos falaban pero que moi poucos puideron ver "

"Tiñamos que ir lixeiros e sen chamar moito a atención "

"No apartado técnico teño que dicir que despóis de tantear a algúns realizadores galegos ningún quixo emprender este documental comigo. Tiven que recorrer a un realizador catalán"

"Algúns emigrantes galegos son moi vaidosos (...) queren que en Galicia se vexa o ben que lles foi ".

"Podo asegurar que tódolos galegos cos que falamos son conscientes que o seu voto pode ser doadamente manipulado"

"Tamén utilizamos cámara oculta para poder acceder ás sedes dos partidos e comprobar como efectivamente operan dun xeito totalmente ilegal á hora de recoller os votos. A cámara oculta tamèn a utilizamos nas sedes do correo arxentino xa que està totalmente prohibido gravar"

"sei que dende o Bloque seguiuse moi de preto a realización deste traballo"

"O primeiro en poñerse en contacto comigo foi Televisiòn Española, a través do programa "59 segundos". Propiciaron unha reunión en Baraxas con Antòn Losada. Ista xuntaza foi desalentadora"


Ademáis disto e moito máis, poderedes ver tamén como o autor do documental nos comenta o nulo apoio, por intereses "escuros" de medios de comunicación como Tve, Tvg ou T5, á hora de difundir o devandito documental ou como sufriu certas "presións" por parte dalgún partido político para que se "esquecese" da difusión da reportaxe.

A entrevista completa en Cabozo.com (no grupo público) "AchegasCabozo"


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Cabozo.com entrevista en exclusiva a Carlos Taboada, director galego do documental "Quilombo electoral"