Vieiros

Vieiros de meu Perfil


A xustiza Arxentina exculpou á muller que matou a seu home en lexitima defensa

  O día catro de xuño do ano 2007, Graciela Aguirre matou ao seu home e pai da súa única filla logo que ambas las dúas foran atacadas e feridas polo home. O día dezaseis de febreiro do ano 2009, nun xuízo curto no que o ministerio fiscal desistiu de acusar á muller e considerou a actitude coma de lexitima defensa da súa vida, máis a da filla, o tribunal exculpoulla e dispuxo a liberdade da acusada. A violencia de xénero e un diaño fora de control na Arxentina, deica ao fin do ano 2008 foron mortas cento vinte mulleres asasinadas polo seu home. O caso máis aló da resolución xudicial reflicte a necesidade do tratamento urxente da cuestión polo Estado Arxentino. Segundo Amnistia Internacional na Arxentina existe a falla dunha política dende o Estado para facer fronte aos atrancos e consideranno unha violación dos dereitos humanos.

Enviada por NorbertoVarelaCalvo NorbertoVarelaCalvo o 20/02/2009 02:04

  O día catro de xuño do ano 2007, Graciela Aguirre matou ao seu home e pai da súa única filla logo que ambas las dúas foran atacadas e feridas polo home, unha persoa de carácter fero e grande estrutura física, ca bébedo agrediu a muller cun coitelo, nese intre a filla de quince anos interveu na defensa da nai e foi ferida polo pai, de seguido feriu tamén a súa dona que se defendeu encetándolle unhas coiteladas ca remataron coa súa vida.

O día dezaseis de febreiro do ano 2009, nun xuízo curto no que o ministerio fiscal desistiu de acusar á muller e considerou a actitude coma de lexitima defensa da súa vida, máis a da filla, o tribunal exculpou a muller e dispuxo a liberdade da acusada, fechando un proceso xudicial ca semella un aceno ás institucións do país rechamando unha actitude fronte as eivas no tratamento da violencia de xénero.

Ao fiscal, ca debía iniciar o enxuizamento coa acusación, aceptou a postura da muller na defensa de seu e da súa filla, e entendeu a fasquía dos feitos cun home dun corpo desenvolvido, bébedo, anoxado e armado cun coitelo e que xa tiña ferido ás dúas mulleres, por riba están as verbas dos veciños da vivenda que salientan as rifas do home coa súa familia, ca levaba anos aturando os feitos, coma habituais e aínda coa tacha dos mesmos veciños ca eludían intervir por lo medo que impoñía o atacante máis o perigo dunha certa agresión.

A violencia de xénero e un diaño fora de control na Arxentina, deica ao fin do ano 2008 foron mortas cento vinte mulleres asasinadas polo seu home, antigas parellas ou outros membros da súa familia. O Ministerio de Desenvolvemento Social da provincia de Bos Aires destaca os feitos ca na súa área atendeu cento vinte mil chamadas ao telefono de asistencia á muller e as comisarias da policía reciben até cento sesenta denuncias ao día, tal e como e o caso de Graciela Aguirre que demandou polas malleiras e o trato esgrevio do seu home, sen ser escoitada, ata que os feitos ca levaron ao xulgado.

O caso máis aló da resolución xudicial reflicte a necesidade do tratamento urxente da cuestión polo Estado Arxentino, no entanto na meirande dos casos reportados as vítimas faleceron no ano 2008 pola man dos seus homes ou parellas, aínda tamén doutros membros da unidade familiar, sinala a ONG Amnistia Internacional as fallas da resposta no marco das leis polo pouca e desartellada, fica un proxecto pendente de tratamento parlamentario dende o mes de novembro, e a falta de liderado do estado na busca do fin da devandita violencia de xénero.

Segundo Amnistia Internacional, na Arxentina existe a falla dunha política dende o Estado para facer fronte aos atrancos e consideranno unha violación dos dereitos humanos, destacan a urxencia da convocatoria a unha rolda nacional de consulta ao respecto da eliminación da violencia de xénero, a creación dunha base única de datos criminais e a mellora do sistema educativo na busca de mudar a ollada machista que a sociedade ten da violencia contra-la muller no fogar e no seu traballo, de xeito que os dereitos humanos cheguen a toda-las persoas.

Dende o Centro de Estudos Sociais e Políticos para o Desenvolvemento Humano, láianse da postura das autoridades que pon atrancos na protección das mulleres vítimas do mal trato físico, psíquico, ou sexual adiando a exclusión dos agresores do fogar e coa esixencia de testemuñas cando os feitos na maioría das veces acorren en soidade, ou a petición de informes psicolóxicos anteriores aos feitos, destacan a actitude serodia do estado para intervir e trocar unha realidade na que a meirande das mortes poderían evitarse.

Un medico psiquiatra especialista no tratamento dos homes violentos subliña que nin as autoridades nin a xustiza poderán hoxe garantir a seguridade das mulleres ameazadas, xa que non existe no eido do Estado unha verdadeira avaliación do risco, nin se exercita a vixilancia da exclusión dos agresores ao arredor do fogar das vítimas, así e todo salienta a falla da formación das persoas que deben abordar ás mulleres o que reflicte na meirande dos casos no desacougo e a desistencia na denuncia pola sospeita de non ser escoitadas.


5/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: