Velaquí a nova mensaxe chegada de pais e nais afectados pola falta de pediatra no Concello de Begonte.
Na xuntanza do venres para consensuar as novas medidas de prensión cara o Sergas, decidimos facer:
- Un escrito ó valedor do pobo, pois xa fixéramos varios a nivel individual pero nunca en grupo.
- Manter unha nova xuntanza co Delegado, unha comisión de nais e pais, e os grupos de goberno do Concello de Begonte. Nesta xuntanza, comunicaráselle que xa fixemos unha recollida amplia de firmas, fixemos unha manifestación e tamén enviamos un certificado cos nenos censados no Concello de 0 a 14 anos, en concreto 216. Cousas todas das que estamos seguros que ten que ter constancia, pois entón cal é a resposta do Sergas? Posto que ata agora non obtivemos ningunha. Tamén pediremos explicacións ante a incoherencia que mostrou na súa primeira visita ó Concello, posto que chegou a dicir, que para pedir isto tiñan que ter en conta a opinión da pediatra, e que aínda non sabían o que ela opinaría. E despois, tras unha conversa que mantivo unha das nais coa nosa pediatra de baixa, esta confirmounos que antes de comezar nós estas xuntanzas grupais, ela xa solicitara 2 días de pediatra para Begonte, e o Sergas contestoulle que non, que a súa praza está en Guitiriz. Co cal nós pensamos, porqué dixo esa incoherencia o Delegado do Sergas? Cada un que saque as súas conclusións.
- Solicitar un pleno extraordinario, para tratar este tema e requerirlle ó Concello que faga as xestións pertinente. Posto que ata o momento todos nos apoian, pero iso quédase ahí, e temos que estar continuamente enriba deles para conseguir as cousas, queremos que eles tamén se movan, á mesma vez que nós.
Para realizar este traballo, fixemos pequenas comisións que levaran cada un dos apartados. Cando se convoque o pleno extraordinario, avisaremos por suposto á prensa.
Para refrescarvos a memoria, engado enbaixo os nosos requerimentos, para conseguir un servizo digno:
Que a pediatra acuda ó centro médico de Begonte dous días á semana, alternos, a tempo completo.
Que durante as súas visitas, a pediatra teña unha enfermeira/o, exclusivamente para facer revisións rutinarias ós pequenos e pequenas.
Que en períodos de baixa da pediatra teñamos un substituto/a.
Que o Sergas envie: unha balanza dixital (que funcione), unha cinta métrica, un novo moble, podoscopio, optotipo, TNO (para visión estereoscópica), manguitos de tensión infantís, un contenedor de pañais, canutillos dos oídos.