Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Representantes do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia participan en Italia nunhas xornadas sobre retos sindicais

Unha representación do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia participará en Italia nunhas xornadas para avaliar algúns dos máis importantes retos para o sindicalismo español. O seminario, que decorrerá entre os días 6 e 7 de xuño na Rexión Emilia (situada ao norte do país transalpino), leva por título «O problema da non autosuficiencia e da Seguridade Social; dúas realidades confrontadas: sistema legal e experiencias sindicais en España e en Italia».

Enviada por SN_CCOO SN_CCOO o 04/06/2007 14:25

Integrarán a representación do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia o secretario de Acción Sindical Internacional, Francisco Xavier Montero Dongil; o secretario de Política Institucional, Xosé Manuel Fernández Pérez; a secretaria de Servizos da Unión Comarcal da Coruña, Adela Poisa Baños, e o secretario xeral da Federación de Pensionistas, Carlos Mella Teijo.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: