Vieiros

Vieiros de meu Perfil


O 16 de maio noite das Letras no Continental

O colectivo Unha Grande e Chea organiza en Cambados a súa Noite das Letras Galegas.

Enviada por redaccion redaccion o 10/05/2007 18:43

A NOITA DAS LETRAS GALEGAS, xa está prácticamente rematada agás novidades de derradeira hora.

O impresionante marco do Cafe Continental acollerá por primera vez na súa historia un festival sen precedentes, actuarán o Grupo de Gaitas de UNHA GRANDE CHEA, Xaquin Xesteira, Xoan Silva e Blas, Hadrian, "En Play back" co seu vocalista "Domy", e Montse,  e en fin algunha outra actuación que se poida confirmar.

A hora máxica das 12 da noite o xenial gaiteiro cambadés Xaquin Xesteira interpretará el só a gaita o himno galego, está será a homenaxe de UNHA GRANDE CHEA  o noso himno co gallo do seu centenario. O acto dará comenzo as once da noite e coma sempre romperan o lume o Grupo de gaitas da Asociación. Estades todos invitados o acto é para todos os publicos e todos as cores politicas.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O 16 de maio noite das Letras no Continental