50 traballadoras/es que van a recibir de agasallo de Nadal un despido.
Para perpetrar esta falcatruada convocan unha Comisión de Persoal extraordinaria para facer de tapadillo unha privatización descarada dos servizos públicos.
A CIG-Autonómica veu denunciando ao longo deste ano esta pretensión da Consellaría, tanto en diferentes concentracións diante dos numerosos xulgados de todo o país como nas negociacións que se estaban a levar coa Administración. Ditas negociacións víronse, curiosamente, interrompidas cando a CIG-Autonómica presentou 22 páxinas de alegacións a un documento de apenas 60 páxinas; documento que, por suposto e seguindo as ordes autoritarias do Secretario Xeral da Consellaría, Santiago Roura, non contestou a pesar de que durante a negociación se lle pediu repetidamente contestación por escrito ás mesmas.
O carácter autoritario e absolutamente conservador de Santiago Roura provoca que 55 traballadoras/es se vaian á rúa para financiar os caprichos en forma de coche oficial novo dos altos cargos da Xunta, o despacho na Coruña do seu xefe e a creación de 3 novas prazas de confianza para darllas aos seus amigos saltándose, deste modo, o compromiso que adquiriron no seu programa electoral de reducir o número de altos cargos. Ademais temos que indicar que case todas as persoas que despiden teñen dereito á participación no plano de estabilización de emprego que asinou a propia Consellaría coas centrais sindicais.
A CIG-Autonómica esíxe o cese inmediato do Secretario Xeral da Consellaría de Presidencia, Santiago Roura, e a retirada das RPTs da Consellaría da mesa xeral do venres 26 de decembro xa que doutro xeito non nos queda máis que deducir que o Conselleiro está de acordo cos despedimentos e, conseguintemente, que o seu partido, o PSdeG-PSOE avala as prácticas privatizadoras que tanto criticaban cando estaban na oposición e que, continúan criticando cando se producen noutras administracións nas que non gobernan.
Está convocada unha concentración de condena o venres 26 ás 11:45 horas diante da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), que é o lugar onde se vai a celebrar a mencionada Comisión de Persoal.