Vieiros

Vieiros de meu Perfil


CEA 3º ANIVERSARIO A.C. LEFRE DE CALDERETA

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de CEA 3º ANIVERSARIO A.C. LEFRE DE CALDERETA

CEA 3º ANIVERSARIO A.C. LEFRE DE CALDERETA

O sábado 27 de decembro a Asociación Cultural Lefre de Caldereta de Ferrol, celebra o 3º aniversario da asociación cunha cea e festa rachada no restaurante de Fimo (A Malata), onde se entregarán os premios Caldereta de Honra e Caldereta do Ano.

Enviada por lefresdecaldereta lefresdecaldereta o 23/12/2008 14:58

Lefre ten tres anos. Naceu o 28 de decembro de 2005, o Día dos Inocentes, así que todo o de Lefre de Caldereta é unha inocentada. A orixe é un grupo de amigos que nos reuniamos para tomar as cervexas e que botaba en falta en Ferrol un pouco de cultura de base.
O do nome ten que ver coa nosa filosofía. Lefres de caldereta eran, na Bazán de Ferrol, o último pinche do escalafón da empresa. Eran aqueles aprendices de máis baixo nivel que lles chamaban lefres porque os enxeñeiros franceses lles chamaban no seu idioma “lebres” e os ferroláns adaptárono á súa maneira. O de caldereta era porque ían sempre con ela e á hora do xantar saían aos portais de Esteiro e pedían aos veciños que llas quentaran para comer. Nós pretendemos homenaxear a esa figura culturalmente: Lefre de Caldereta é o último eslabón da cultura, e queremos ser iso porque aí comeza a cultura, pois a cultura ten que chegar aí abaixo.
Damos unha caldereta do ano, outorgada a aquela persoa, física ou xurídica, que se caracterizara, ao noso xuízo, durante ese ano por algo que a nós nos pareza que hai que honrar ou homenaxear, e unha caldereta de honra que se dá a toda unha vida ou unha traxectoria, sempre con Ferrolterra como ámbito. O primeiro ano démosllo ao lefre por antonomasia, Siro López; e a Javier Gómez Noya, que viña de gañar o campionato do mundo. O segundo ano dímoslle o de honra a Os Cempés, pois ademais anunciaron a súa retirada; e o do ano á sección de vela tradicional do Club do Mar de Ferrol pola organización dos Encontros. Este ano xa está aprobado pola xunta, que llo daremos á Sociedade Galega de Historia Natural o de honra pola súa traxectoria, máxime neste ano no que tantos problemas tiveron e teñen co Museo da Natureza, queréndolles mostrar así o noso apoio. O do ano darémosllo á Asociación de Veciños Val de Esmelle polo Proxecto Esmelle, que foi premiado en Europa e pola rede Agade, polo seu labor de posta en valor do seu patrimonio material e inmaterial, e, con máis razón, por seren eles xente que está traballando directamente, día a día, para recuperalo, pois esta actitude conecta totalmente coa filosofía de Lefre de Caldereta.
Para apuntarse á cea só tedes que chamar aos seguintes números: 619 804 677 / 646 028 249 ou mandar un correo electrónico ao enderezo: lefre@lefredecaldereta.com co voso nome apelidos e alcume.A cea celebrarase a partir das 21 horas do sábado 27 e terá un custe de 25€ por persoa. Aboarase no lugar.
Non podedes faltar!!
Ás e os lefres do mundo, SAÚDE!!
A.C. LEFRE DE CALDERETA


Documentos

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: