Xa está en liña o Ipernity en galego, un dos servizos máis interesantes da Rede 2.0, O proxecto naceu dunha simple idea en maio de 2004: « Comparta o que queira con quen queira ». Un desexo que pode resultar evidente, pero que daquelas aínda non fora satisfeito na xungla dos servizos de Internet. Vexan a noticia no blogue do proxecto.
O que o Ipernity ofrece é moi sinxelo: Publicar o que queira: blogue, fotos, vídeos, audio, ... Compartir o que queira, cos seus ou co mundo enteiro. E sobre todo beneficiarse dunha excelente ferramenta de indexación que lle permite atopar a súa información e a que comparten os demais.
ipernity é unha empresa nova que intenta realizar grandes cousas con poucos medios.. Case tres anos máis tarde...As grandes compañías lanzaron servizos que hoxe son os alicerces da Rede 2.0. E Ipernity segue a estar en condicións de competir cos máis grandes, ofrecendo unha experiencia máis completa e mellor integrada. Correspóndelle a vostede xulgar se é acertada esta opinión.
Ipernity é aínda un servizo novo, en fase de probas e evolucionando. Foi traducido por Manolo Meixide , Manoel María (Xabre) e Xosé Ramón, que xunto cos desenvolvedores lles desexan que disfruten plenamente deste servizo.