¡O son e a festa galega na terra do "Bosque Animado": en terras de Cecebre!.
A concienciación pola recuperación cultural, artística e histórica, amáis das gañas de festa, leva aos gaiteir@s de Cecebre á organización desta I FOLIADA DE NADAL EN CECEBRE.
Conscientes da necesidade dun lugar apropiado, un punto de reunión con aparcadoiro, moito espazo e a cercanía "dunha fonte onde poder refrescar", levounos á escolla de a Cervexería "A ILLA", sita no baixo de A CASA DA XUVENTUDE.
Sabemos que sodes tod@s boa xente amáis de festeir@s, por iso é un pracer convidarv@s a asistir e participar coa vosa presenza, as vosas voces, bailes e instrumentos musicais.
Podedes contactar para realizar calquera consulta ou notificar a vosa presenza e participación nos seguintes enderezos electrónicos:
- pedrodavidlamas@yahoo.es
- papigil70@hotmail.com
¡Veña, que vai chegar a noite!.