Vieiros

Vieiros de meu Perfil


O Uruguai dividese pola implantación dunha Lei do aborto. O Presidente Tabaré Vázquez veta a lei e desencadea a crise no seu goberno

O Presidente pediu ós seus ministros o acompañamento coa desición, os que secundan a lei negaronse a asinar o veto, o feito desatou a crise no goberno. O día 11 de novembro o Senado Uruguaio aprobou o polémico proxecto da nova Lei de saude na reproducción e a sexualidad que inclue a despenalización da práctica do aborto. O Uruguai e o primeiro país de latinoamerica que tenta rexir e lixislar o aborto, a caron del Arxentina discute dende fan vinte e cinco anos a vixencia dunha lei que o regulamente.

Enviada por NorbertoVarelaCalvo NorbertoVarelaCalvo o 17/11/2008 13:12

   Co voto da maioría, os lexisladores oficialistas a favor de lei, e coa contra dos partidos da oposición o proxecto da Lei de saude na reproducción e a sexualidad que inclúe a práctica do aborto antes das doce semanas da xestación, fica axeitado para a súa proclamación polo presidente do país Tabaré Vázquez, medico e católico, que xa deu a nova do veto dos artículos da lei que fagan á práctica do aborto propiamente dito.

Ó rexeitamento do presidente Vázquez conxuntase coa igresa católica, xa que pola voz do arcebispo de Montevideo ameazou coa excomunión dos que apoian a lei, logo a Conferencia Episcopal do Uruguai pola súa banda cargou con forza contra os que contribuían á difusión e á práctica, xa que incorrerán nunha falta grave, e de acordo co Código Canónico estragan o vínculo coa igresa o que lles impide acoller a comunión e nalgún feito os pon preto da expulsión da igresa católica.

Coa denuncia dunha dobre moral á sociedade Uruguia, os defensores da lei que permite ás mulleres decidir a interrupción do embarazo, desvelan unha enquisa feita no ano 2007, na que o sesenta por cen dos cidadáns espresarón a súa aprobación ó proxecto nun feito de respeto á liberdade e á democracia. Deu o seu apoio tamén o Frente Amplo partido de esquerda no goberno, agas o presidente Vázquez que xa anunciu o veto cando a lei foi ó tratamento no congreso dos diputados, tamén a rexeitan os partidos Nacional e Colorado, máis o Movemento Independente.

Nas rúas da cidade de Montevideo dispares conxuntos da sociedade Uruguaia manifestaron  a súa posición coa lei, "Pro vida" co lema "polo dereito ó nacemento, a ter nais e pais" refugan a nova na defensa da vida e a falsidade dunha suposta axuda ás mulleres. "Muller e saude do Uruguai" pediu ó parlamento a aprobación da lei para rematar coa práctica de preto de trinta mil abortos que se fan ó ano de modo ilegal sen a seguridade dunha manobra regulamentada, e que o tema se instale na rexión nos pobos da veciñanza para o pleno avance dos dereitos humanos.

Persoeiros do Partido Colorado, o principal da oposición ó goberno, fixeron unha campaña polo dereito á vida, dende o intre da concepción coa crenza que unha lei a prol do aborto e patolóxica e fica contra as verdadeiras políticas de apoio as mulleres con dificultades económicas, e é unha lixislación do delito. Ben que o Uruguai e o primeiro país de latinoamerica que tenta rexir e lixislar o aborto, a caron del Arxentina discute dende fan vinte e cinco anos a vixencia dunha lei que regulamente o aborto,  só é legal co permiso da xusticia nunha serie de circunstancias que atinxen á sude do feto e o perigo pola vida da nai, nestes intres a práctica é de xeito clandestino, co risco da saude das mulleres que acoden a facelo. A nova do Uruguai xenerou inquedanza na Arxentina nos que están da acordo mudar coa práctica ilegal nun dereito constitucional.

Hai na Arxentina arestora tres proxetos de lei pendentes de tratamento polo parlamento nas comisións de familia, muller sude e lexislación penal, os devanditos proxectos tentan trocar os limites legais co fin que os abortos faganse nos hospitais públicos, de balde, nos feitos da violencia contra a muller, perigo pola saude do feto e da nai ou dano psíquico co atranco da vida futura. Salientan os lexisladores Arxentinos a problemática do aborto clandestino no país é máis forte, xa que morren o cuádruple das mulleres que no país da outra beira do rio da prata.  Dementras no Uruguai advirten, coa conformidade da lei, a práctica só estará disposta ós cidadans o residentes legais no país, evitando o nomeado turismo abortivo que convirta o Uruguai nun destino da práctica, coma sucedeu na Europa, fan xa trinta anos, cando o aborto só era posibel no Reino Unido.


4,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: