O servizo de información de dereitos sociais e a comunidade cristiá do "Cristo da Victoria" convocan unha xornadas de reflexión co título "Dereitos sociais e cidadanía".
O programa das xornadas é o seguinte:- Venres 21 ás 21.30.
Manolo Saez (membro de Baladre) que nos achegará á renda básica dos iguais nunha charla titulada "A renda básica: unha alternativa posible".- Sábado 22 ás 17.00.
Pancho Salinas (ex-director da revista Documentación Social) na charla "Dereitos sociais como dereitos de cidadanía" exporá un camiño posible dende unha política de servizos sociais, basada na prestación de servizos, a unha política de dereitos esixibles, por exemplo: dereitos a vivenda, a ter ingresos suficientes para vivir, etc.As charlas serán no salón de actos da parroquia "Cristo da Victoria" en Coia (Baiona 9).Máis info: www.comunidadebasecoia.org