Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Noveno Foro Iberoamericano en Sevilla dos intelectuais e políticos ó abeiro do bicentenario.

   Os participantes plantexan a dubida coa celebración, malia o custo que tivera a independencia nos países da América hispanica.
O foro comeza a súa andaina en Sevilla coa cuestión e a dubida da existencia dalgún feito que celebrar, seica a independencia misma, queda a certeza cá devandita independencia foi lograda ás costas dos pobos da América.A pegada dos héroes da independencia queda só no bronce das estatuas, de xeito que a súa condición sobrehumana contrasta cos actuais políticos de moito principio e poucos escrúpulos.

Enviada por NorbertoVarelaCalvo NorbertoVarelaCalvo o 12/11/2008 01:48

  Intelectuais e políticos, coa presidencia do escritor mexicano Carlos Fuentes, a presencia do rei Xoan Carlos I, e o ex presidente chileno Ricardo Lagos, o foro comeza a súa andaina en Sevilla coa cuestión e a dubida da existencia dalgún feito que celebrar, seica a independencia misma, queda a certeza cá devandita independencia foi lograda ás costas dos pobos da América. Nos anos seguintes ó 1810, ano da primeira revolta independentista, as nacións da america que ficaron ceibes do xugo hispanico perderon poboación de maneira salientable por mor das loitas e as enfermidades, até quedar despoboadas.

Dende Mexico á Arxentina as novas nacións perderon tamén súas riquezas en minerais e facendas, ben que coas liortas e guerras internas polo control das rexións dos territorios liberados e os saqueos máis a expropiación forzada das terras ós nativos. As tradicións e as lendas dos héroes dende Simón Bolivar a Xose de San Martin deixan a pegada dos homes que foron nalgunha vez carne e osos, libraron e gañaron batallas algún deles coa enfermidade no corpo, aínda sen agrandar o seu patrimonio e nalgún feito nin a recompensa da historia. A pegada dos héroes da independencia queda só no bronce das estatuas, de xeito que a súa condición sobrehumana contrasta cos actuais políticos de moito principio e poucos escrúpulos.

Fora que a celebración do bicentenario comezou neste ano 2008, adiantouse ó ano 2010, xa que nalgún caso coma o Brasil o príncipe rexente abandonou o país cara a Portugal no ano 1808, a polémica esta a comparar o soño dos independentistas de instalar unha comunidade de homes ceibes cos ideais reformistas de liberdade e xusticia e iguais uns ós outros, coa a realidade anarquica que foi.
A crise financeira mundial afecta na actualidade de modo forte ás economías rexionais latinoamericanas, cóas baixas taxas de aforro nos diversos países, o efecto "jazz"  pola crise nos EUA os seus créditos impagos que superan o PIB, a mingua do setenta por cen do capital dos bancos e aseguradoras, o forte derrubamento das remesas dos inmigrantres latinos que representan nalgún caso o vinte por cen dos orzamentos nos seus países de orixe, ós tremores sumase por riba o custo do déficit na educación, o corenta por cen da poboación da america latina ten incumprida a educación elemental, e fican trinta e catro  millóns de analfabetos de mentras milleiros fan a súa formación suplindo a enciclopedia pola "wikipedia". 


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: