Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Xenofobia en Santiago de Compostela

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Xenofobia en Santiago de Compostela

Xenofobia en Santiago de Compostela

Un camareiro insulta, despreza e agrede verbalmente a varios clientes que o unico que fixeron para molestarlle foi pedir a carta, ser de fora e, supoño, ter unha cor de pel distinta a del.

Enviada por Rodrigo Rodrigo o 16/10/2008 12:02

O acontecido onte no bar "Cabalo Branco" da zona vella de Compostela non ten nome. Varios amigos acudimos a este local a tomar algo, un deles solicitou a carta xa que pola súa condición de alérxico non estaba seguro de poder consumir o pincho que acompaña a cada consumición, e quería pedir unha tapa. Despois de varios improperios do tipo "acojonácheste" ou "aquí non é como alá" chegouse a afirmar que nese local non "se atende a turistas mortos de fame". Dáse a casualidade de que este meu amigo é brasileiro, traballa en Compostela e no grupo había tamén outro cidadán brasileiro, de vacacións na cidade. Cando este último solicitou o libro de reclamacións, o xefe pediu perdón alegando que o camareiro dos insultos estaba bébedo. Como non queríamos máis disturbio, a noite xa estaba estragada e os alí presentes coa boca aberta, decidimos marchar e non denunciar o acontecido. Para máis casualidade, este amigo meu, que hoxe marchou de Compostela e desempeña un cargo de responsabilidade política no Brasil, acababa de responder a unha enquisa dunha televisión na rúa acerca de como os galegos recibimos aos turistas, adulando a nosa hospitalidade. De pena.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: