Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Arte galega da emigración en Bos Aires

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Arte galega da emigración en Bos Aires

Arte galega da emigración en Bos Aires

  A Deputación de Pontevedra presentou o catalogo

Enviada por NorbertoVarelaCalvo NorbertoVarelaCalvo o 14/10/2008 19:01

  Có fin de evitar á súa perda, identificalo, máis súa posta en valor, da arte dos galegos da emigración foron catalogadas máis de trescentas pezas en arxentina e uruguai. A fundación Mundo Nuevo nun convenio de colaboración coa Deputación de Pontevedra, cun orzamento de doce mil euros fixo o traballo de campo e deu a nova dos feitos que darán lugar á unha mostra na capital arxentina, logo Montevideo no Uruguai e Pontevedra en Galicia.
O inventario das obras foi presentado en bos aires polo presidente da Deputación pontevedrense Rafael Louzán, figuran no catálogo até hoxe obras de Luís Seoane, Manoel Colmeiro, Maruxa Mallo, Arturo Cuadrado, Afonso D. Rodriguez Castelao, Cao Luaces, Xosé Otero Abeledo(Laxeiro), Alvarez de Soutomaior entre outros, murales en edificios públicos e privados, galerías comerciales, tamén a prensa da coletividade ten o seu espazo na investigación, se han identificado fondos existentes na biblioteca do Centro Galego de Bos Aires, maila hemeroteca da Biblioteca Nacional de arxentina.
Exiten aínda pezas de olería, pintura, gravado, debuxo en centros de emigrantes nas cidades de Bos Aires, Campana, Tandil, Mar del Plata, Necochea, e nas provincias de Santa Fé, Chubut, Santa Cruz, e mais en coleccións públicas e privadas da arxentina. Salientase así mesmo a posiblidade da publicación dun libro coas obras e as testemuñas do arte galego da emigración na arxentina e o uruguai.


4,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: