Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Convocatoria chapuza no INFOGA

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Convocatoria chapuza no INFOGA

Convocatoria chapuza no INFOGA

As probas físicas, que se desenvolveron en Santiago no multiusos de San Lázaro, alongaronse durante horas debido a deficiente organización.

Enviada por clic-clic clic-clic o 31/05/2007 04:02

Nin feito a propósito se pode facer tan mal.

A nova convocatoria dó INFOGA para pasar as probas físicas conducentes a entrar nas listas de contratación (xefes de cuadrilla, conductores de motobomba, peóns conductores e peóns) foi todo un alarde de incompetencia.

Xa todo empezou mal coa redacción dó texto da convocatoria: non aparecen datas límites para entregar a documentación, nin lugar de realización das probas físicas e tampouco se recolle por escrito a obligatoriedade de presentarse as mesmas cun certificado médico (menos mal que o funcionario de turno estivo atento e me avisou de tal eventualidade).Poida que todo iso sexa legal, pero rezuma improvisación por todos lados.

Pero este martes 30 de maio, día das probas físicas, o desbaraxuste foi absoluto.

Unhas 200 persoas, chegadas de tódolos recunchos de Galicia, fumos convocadas en Santiago, no multiusos de San Lázaro as 10h. As probas, nada dó outro xoves en canto a dificultade de organización: un electrocardiograma e unha proba física consistente en subir e baixar dun banco durante 5 minutos a un ritmo predeterminado.

O problema xurdiu cando se "descubríu" que cun só equipo para a realización dos electros aquilo non remataba dentro dun horario razonable. E por razonable cada un entendeu o que lle conviña: os organizadores, pois o horario da administración, que en teoría remata as 15h; os candidatos, un horario que non implicase pasar todo o día en Compostela para unha proba que en conxunto non debería chegar os 10 minutos.

Ó funcionario de Medio Rural e o persoal da mutua médica non lles quedou outra máis que tragarse o sapo, tirar balóns fóra no que a responsabilidades se refire e comerse o marrón de saír de San Lázaro supoño que ben pasadas as 18h da tarde (eu rematéi a iso das 17.30h e aínda quedaba cola para un bó rato).

Uns datos fináis para a reflexión
Ningún sindicato fixo acto de presencia para interesarse polo asunto, e iso que a maioría teñen as súas sedes a moi pouco metros de distancia. Descoñezo si por desidia ou por descoñecemento.

Ningún cargo de medio rural deu a cara. O funcionario presente manexou a situación o mellor que puido pero non quixo asumir ningunha responsabilidade a nivel organizativo. El simplemente cumplía ordes, segundo as súas palabras. Vamos, que ninguén se disculpou siquera.

A xente cabreouse, claro está, pero ninguén subíu o tono ou se puxo exixente. Os máis aguantamos estoicamente as horas de espera e os que tiñan cuestións ineludibles, e foron bastantes, abandonaron o recinto resignadamente.
O certo é que non sei si pensar que todos actúamos dun xeito moi civilizado ou si a necesidade de traballo era tan acuciante que o final xa tragamos con todo.


4,33/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: