Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Morre en Colonia (Alemaña) o músico arxentino Mauricio Kagel

Deu ó seu derradeiro concerto en España na cidade da Coruña, no mes de maio deste ano, co gallo do Festival Mozart.

Enviada por NorbertoVarelaCalvo NorbertoVarelaCalvo o 24/09/2008 01:11

  Nado en bos aires o ano 1931, músico, compositor, director de opera, teatro e cine, finou o dia 19 de setembro  na cidade alema de Colonia, dixo del o vangardista musical do seculo vinte John Cage "o mellor músico europeo e arxentino e chamase Mauricio Kagel", rexeitado ó seu ingreso no conservatorio da capital arxentina, deu lugar a formación autodidacta, máis coa colaboración e estudo cos mestres Alberto Ginastera, Vicente Scaramuzza e Xoan Carlos Paz.
Logo dun tempo en bos aires no teatro Colon e do seu traballo na fundación da Cienemateca Arxentina, no ano 1957 instálase na cidade alemaña de Colonia. Tivo paixón polo ensino e compartir cos seus alumnos do consevatorio de Colonia as propias experiencias e allentabales a crear as súas obras co descubremento do propio eido ainda cando o fixeran co baseamento da experiencia axena. Daballes un consello; compoñer sen pensar na moda, os mercados e con honestidade.
A propia liberdade a practicaba no dialogo con todo aquilo que tiña por diante, rexeitaba a imposición ideoloxica na música, a verdade absoluta, defendia a utilización dos medios axeitados para chegar á unha finalidade. Sostia a teoría da música-teatro co seu teatro Instrumental baseado na repetición das actitudes xestuales, as connotacions eróticas, a exacerbación da esencia da música folclórica de diversos países, maila súa realización teatral no escenario.
"Musikfabik" presenta coa súa dirección no teatro Rosalia de Castro na cidade da Coruña o dia 31 de maio do ano corrente, cun programa monográfico que incluia obras da súa autoria, "Kantrimusik" pastoril para cantantes e instrumentos, cualificada polo compositor de pseudo popular e ambivalente, a súa combinación no escenario dunha vaga de atrezos, panos, diversos materiais na escena rodeando aos músicos mailo director. Deseguido a obra "24.11.1931 novas mutiladas do día que nacin" que aconteceu no mundo o día que eu nacin? preguntase o músico, diversas novas que ven da China, Arxentina, O Vaticano, a curiosidade, a falta dunha información precisa levouno aos xornais da sua data de nacemento e descubreu, a grotesca realidade do almanaque, xa que as novas que tivo a fortuna de atopar provocaronlle unha dubida; cales son as novas, as do xornal de hoxe son en realidade donte, e as de hoxe viran maña.
A execución dunha obra e sempre un feito teatral, dicia o compositor quen fala cun marcado xeito porteño, lembra á súa condición de cosmopolita dada pola orixe dos seus antergos, xudeos sefaradíes, rusos, turcos, alemas, e xustifica a súa posición política de ezquerdas como unha expresión da necesidade de xusticia.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: