A pegada latino americana na biblioteca " America" obra do emigrante Gumersindo Bustos
A UCS convida cun roteiro polo seu patrimonio histórico, o pazo de Fonseca, a biblioteca America, o colexio de San Xerome, a facultade de xeografia e historia, coa compaña da guía, investigadora do terceiro ciclo do departamento de historia da arte e xeografia, imos mergullarnos nos orixes do pazo de Fonseca primeira sede da USC, a importancia da familia Ulloa e o rei Carlos III no desenvolvemento da educación universitaria non reino de Galicia.
Mais adiante imos descubrir a primeira sede do hospital de peregrinos, logo colexio San Xerome, hoxe sede do reitorado da universidade, de seguido a visita dirixese a praza de Mazarelos e a igresa da universidade, a facultade de xeografia e historia, nun edificio despoxado aos xesuitas no ano de 1767 logo da expulsión polo devandito rei Carlos III, a visita ao paraninfo coas pegadas da época republicana, a biblioteca de estilo monastico de finais do seculo dezanove.
Ou mais salientable para quen isto escribe é o acceso a chamada biblioteca America, só hablitado aos investigadores e estudosos, obra do emigrante na Arxentina Gumersindo Bustos, cos importantes fondos iconográficos humanísticos e bibliograficos produto da doazon do propio Bustos mais a dos distintos gobernos dos países latinoamericanos. Loitadores pola America ceibe da coroa hispana, ten o seu busto non espazo da biblioteca os militares Xosé de San Martin, Simón Bolivar e Bernardo O'Higins libertadores da Axgentina Chile Peru e Venezuela, os militares venezuelanos Xose Antonio de Sucre, Francisco de Miranda, os tamen militares Uruguaios Xosé Artigas, Manuel Oribe e Fructuoso Rivera, da Arxentina o xornalista e político Mariano Moreno, do primeiro presidente da nova nación Bernardino Rivadavia salienta ou seu orixe galego, o presidente da nación Nicolas Avellaneda como o presidente e militar Bartolomé Mitre, fundador do xornal La Nación. Non eido das letras salientan os bustos do escritor e pensador Uruguaio Xosé Enrique Rodo, Xoan Zorrilla de San Martin escritor patriótico, o Venezuelano Andres Belo xurista e pensador, o escritor e político independentista Cubano Xosé Martí.
A miores dous bustos e dos libros antigos orixinais da biblioteca mais dos de recente doazon polos gobernos suramericanos, están a verse no ámbito da biblioteca as cadansuas bandeiras dos países presentes, e pegadas dos nativos e dos habitantes da America precolombina.